Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un cento de maiores celebraron o Nadal (e as novas tecnoloxías) en InLugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un cento de maiores celebraron o Nadal (e as novas tecnoloxías) en InLugo

Redacción
Publicado: 23/12/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

depu_lugo_inlugo_nadal.jpgO Centro de Innovación Social da Deputación de Lugo, InLugo, está estes días que ferve de actividade. Onte, sen ir máis lonxe, participaron na actividade de celebración do Nadal do centro (a Xornada de Nadal: Sons e Recordos) un cento de maiores de 55 anos. Os asistentes tiveron ocasión de achegarse ás ferramentas dixitais a través da música, crear unha tarxeta para felicitar estas festas e recibir consellos sobre alimentación saudable “dun xeito didáctico e lúdico”, informan fontes do centro xestionado pola Fundación TIC (Deputación de Lugo).
O presidente da Fundación TIC e da Deputación, Darío Campos, foi o encargado de entregar os galardóns aos tres gañadores do concurso-obradoiro O Apalpador TIC. Como lembraremos, o obradoiro de fotografía dixital desenvolveuse este mes nas aulas do InLugo. e foron os propios participantes os que elixiron e votaron a mellor fotografía do grupo.
A festa deste 22 de decembro (co que culminaron as actividades do último trimestre de 2015 no InLugo) incluíu un almorzo e unha merenda para, en palabras dos responsables de InLugo, “pór en práctica os consellos dados por unha experta en nutrición a través do obradoiro Nadal Saudable”, que nos últimos días percorreu tamén varias localidades da provincia.
O centro tamén informou que a música tivo especial presenza na xornada, xa que se botou man dela para facerlles descubrir aos maiores novas aplicacións nas tabletas. Así, puideron interpretar panxoliñas e temas doutros xéneros a través das notas de instrumentos como o piano e a guitarra. Os participantes levaron un recordo en forma de fotografía tomada diante dun croma con paisaxes nevados e outros motivos de Nadal, coa que poderán felicitar estas festas. As instantáneas, que levaron impresas, formarán parte da galería fotográfica das redes sociais vinculadas á Fundación TIC. Informar tamén que ao longo do evento ficou aberta a mostra do obradoiro-concurso O Apalpador TIC , que impartiu o fotoxornalista José Luís Rodríguez Pradero, nas instalacións do InLugo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?