Vodafone España vén de anunciar que, con vistas á celebración de Nadal que se achega, os seus clientes poderán gozar dende o seu móbil de chamadas “sen límite e de balde” a móbiles e fixos nacionais este xoves 24 de decembro. A intención da operadora de telecomunicacións é conseguir que todos os seus usuarios (novos e xa definitivamente como clientes) poidan felicitar sen custe algún o día de Noiteboa, dende as 00.00 horas ata as 23.59. Esta promoción é válida tanto para quen tire partido dos servizos de Vodafone como para quen o faga da filial Vodafone One.
Segundo explica a operadora, a iniciativa está dispoñible para os clientes de móbil particulares, tanto de contrato como de prepago, así como para profesionais e pequenas empresas. “Os clientes da operadora non terán que facer nada para activar esta promoción”, detalla a compañía, que engade tamén que na oferta non están incluídas as chamadas a números 900, números especiais, números premium, chamadas internacionais ou chamadas en itinerancia.
Vodafone achegará aos seus clientes chamadas sen límite e de balde o día 24
Compartir Este Artigo

