Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone lanza dende a súa rede española a primeira mensaxe en directo con tecnoloxía NB-IoT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone lanza dende a súa rede española a primeira mensaxe en directo con tecnoloxía NB-IoT

Redacción
Publicado: 23/12/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

nb-iot_teaser-sized.jpgO Grupo Vodafone, Huawei e u-blox veñen de informar que completaron “con éxito” a súa primeira proba comercial do pre-estándar NB-IoT (Banda Estreita da Internet das Cousas), unha tecnoloxía nova que, segundo informan as ditas empresas, ampliará a capacidade de comunicación e interacción dos obxectos conectados achegando máis eficiencia na súa relación con Internet en zonas de difícil acceso vía conectividade móbil ou ben requirindo baterías de longa duración. Vodafone e Huawei, ao respecto do devandito, integraron “con éxito” a dita tecnoloxía na rede móbil do operador en España, sendo quen de enviar a primeira mensaxe co pre-estándar NB-IoT a un módulo u-blox situado ao carón dun contador de auga abastecida por Augas de Valencia.
Segundo informan Vodafone e Huawei, “os contadores de auga constitúen só unha parte dos obxectos que poderían conectarse tirando proveito de NB-IoT, unha unha tecnoloxía LPWA que ofrece unha solución económica, unha gran duración de batería, unha zona de cobertura ampla para obxectos que requiran unha conexión móbil de longo alcance (por exemplo, en sotos ou en zonas de pouca cobertura) e baixo consumo enerxético”. Segundo engaden, a tecnoloxía promete acadar ata 10 anos de vida na batería e “gran penetración de cobertura en interiores”. Estes dous puntos, inciden, fan posible conectar dispositivos a través de NB-IoT de maneira sinxela e eficiente mediante unha rede móbil establecida. Na súa opinión a tecnoloxía “terá un uso moi amplo para as empresas, desde contadores de subministracións ata controladores de sensores ou seguimento de activos”.
A dita proba comercial rematada con éxito empregou chipsets e software de Huawei e “foi a primeira do seu tipo en levar a bo porto a implementación da comunicación de banda estreita en bandas de telefonía móbil”, informan as compañías, que engaden que “o despregamento de NB-IoT no espectro móbil licenciado significa que é seguro e menos susceptible de interferencias e pode proporcionar unha mellor garantía de servizo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?