Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A comunidade de innovadores rurais da nosa terra terá web de seu a comezos de ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A comunidade de innovadores rurais da nosa terra terá web de seu a comezos de ano

Redacción
Publicado: 24/12/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

usc_rede_rural.jpgA Universidade de Santiago vén de dar azos dende o Campus de Lugo á creación da Rede de Asesoramento e Innovación Rural en Galicia (RAIR), en palabras da USC “a primeira das súas características da nosa terra”. A iniciativa xorde co obxectivo de xuntar asesores rurais, agricultores e PEME rurais, pero tamén outros actores do Sistema de Coñecemento e Innovación Agraria (coñecido como AKIS no plano internacional), tales como o son o persoal da administración e centros de investigación agraria, educadores e formadores, subministradores de inputs agrarios e técnicos e consultores do medio rural, entre outros. O foro de discusión dos impulsores da RAIR será unha páxina web que estará dispoñible a mediados do mes vindeiro. O sitio fornecerá ferramentas liña para crear comunidade e fortalecela.
A RAIR, nun plano máis amplo, pretende ser un foro para realizar propostas que permitan “promover a figura do asesor como motor de innovación no desenvolvemento rural, acadar unha comunicación fluída e bidireccional coa administración responsable de implementar as medidas de asesoramento, e mellorar a calidade do servizo de asesoramento”, sinalaron os seus responsables dende o Campus de Lugo, facendo fincapé “no axeitado da súa posta en marcha”, pois o Regulamento Europeo 1305/2013 obriga aos estados membros a establecer un sistema de asesoramento ás explotacións agrarias e PEME rurais e a promover a formación de asesores.
Na cita en Lugo acordouse que o foro principal de discusión será a futura páxina web propia da rede, que se atopa en fase de construción. Custeada pola rede IGSEA, esta nova xanela virtual ficará dispoñible, como dixemos, a mediados de xaneiro de 2016. A web disporá de aplicacións en liña que permitirán inscribir novos membros, realizar suxestións e propostas, promover iniciativas, subir novas de actualidade, etc. Crearanse ademais áreas persoais dos membros da rede, e áreas reservadas ás entidades colaboradoras e interesadas en participar nas actividades a RAIR.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?