
Este curso veu da man da técnica superior en Fotografía pola Escola de Arte e Deseño Mestre Mateo, Nirioxis Rodríguez, co obxectivo de sacar partido aos teléfonos intelixentes para compartir imaxes do negocio a través de redes sociais, “aforrando tempo, recursos e esforzo”. Rendibiliza o teu Perfil Profesional Aumentando Seguidores foi outra das propostas formativas da Deputación (21 de decembro, en Ponteareas), impartida por Esther Garcinuño (diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade da Coruña e enxeñeira técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo) ao que seguiu o curso Google Analytics: Interpretación de Datos e Toma de Decisións (22 de decembro, en Cambados), a cargo do enxeñeiro informático José Luis Taboada e máis o obradoiro LinkedIn: a túa Rede de Networking en Pontevedra (23 de decembro), Vigo (23 de decembro) e Ponteareas (30 de decembro), a cargo novamente de Esther Garcinuño que realizará unha introdución a LinkedIn e proporcionará unha serie de recomendacións para optimizar o perfil, xerar redes de contactos e crear páxinas de empresas na rede social.
O CPAE 2.0 tamén desenvolverá un obradoiro titulado Elixe a túa Plataforma de Comercio Electrónico (Vigo, 28 de decembro, e Lalín, 29 de decembro), impartido por Pablo Sabell, enxeñeiro técnico en Informática de Sistemas. Neste evento formativo, sinala a Deputación, preténdese amosar ao persoal traballador autónomo e ás PEME “a evolución e tendencias do comercio electrónico, as ferramentas que existen e que están á súa disposición e os aspectos clave que deben ter en conta á hora de optar por unha ou outra solución”.
A Deputación de Pontevedra enfía o remate do ano con media ducia de cursos TIC
Compartir Este Artigo

