Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Casa-Museo de Rosalía de Castro estrea arquivo informatizado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Casa-Museo de Rosalía de Castro estrea arquivo informatizado

Redacción
Publicado: 30/12/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rosalia_12469366_774692642659451_3859454262586388664_o.jpg

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, acompañado polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, visitou esta mañá a Casa-Museo para coñecer as actuacións levadas a cabo, que lle permiten á Casa de Rosalía estrear arquivo informatizado con toda a súa documentación histórica ao dispor dos investigadores e das investigadoras.

A Fundación Rosalía de Castro abre o arquivo da Casa-Museo logo de rematar a primeira fase de organización, clasificación, descrición e instalación dos fondos documentais desta institución e coincidindo co 50 cabodano do pasamento de Xosé Mosquera, o principal impulsor da Casa-Museo.

rosalia_12466211_774692712659444_7148715756555998200_o.jpg

Os traballos, que se levaron a cabo este ano entre os meses de setembro e de novembro, contaron cun apoio de 4.000 euros da Consellería de Cultura e Educación, a través da liña de axudas para a mellora dos arquivos universitarios, de entes locais e de entidades sen fin de lucro de Galicia.

Os traballos favorecerán un maior coñecemento dos fondos, poñelos en valor, garantir a súa adecuada xestión e conservación, e ampliar as súas posibilidades de consulta. E é que desde hoxe xa está accesible para a comunidade investigadora toda a documentación histórica do arquivo, é dicir, a parte máis relevante dos fondos. Calquera persoa que acredite un proxecto de investigación terá acceso a estes arquivos e ás súas bases de datos, ordenados e catalogados.

Mellora dos arquivos universitarios, locais e de entidades sen fin de lucro

A Consellería de Cultura e Educación é o órgano encargado da dirección e coordinación do exercicio das competencias da Xunta de Galicia relativa ao sistema de arquivos de Galicia. A través da Secretaría Xeral de Cultura, o departamento vén reforzando a protección, conservación e difusión do patrimonio documental de Galicia mediante unha convocatoria de axudas que ten como obxectivo colaborar no financiamento de actuacións que garantan a organización, descrición e dixitalización dos fondos documentais, así como a mellora das instalacións dos arquivos universitarios galegos, dos arquivos de entes locais (concellos, principalmente) e das entidades sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado ao arquivo e que custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia.

En 2015, adxudicáronse a través desta liña de subvencións (dotada con 77.740 euros), axudas para un total de 14 proxectos, entre os que se inclúen, xunto co da Fundación Rosalía de Castro, os presentados polas universidades da Coruña e de Santiago de Compostela, polos concellos de Arzúa, Ortigueira e Boimorto, polo Bispado de Tui-Vigo e polas fundacións Xaime Isla Couto, Penzol e Uxío Novoneyra.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?