Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Clínica Cobián achega aos seus usuarios a tecnoloxía de comunicación avanzada de ClepIO
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Clínica Cobián achega aos seus usuarios a tecnoloxía de comunicación avanzada de ClepIO

Redacción
Publicado: 04/01/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

clepio-2.jpgOs responsables de ClepIO, ferramenta para a autoxestión de contidos de saúde, veñen de asinar un acordo de integración coa Clínica Cobián da Coruña, centro referencial galego no ámbito da atención xinecolóxica e da nenez. Esta alianza, sinalan dende ambas empresas, permitirá a todos os usuarios de ClepIO que acudan a este centro dispor de toda a súa información de saúde “de forma automática e accesible nos seus móbiles, tabletas ou PC e sen necesidade de introducir os datos manualmente”.
O obxectivo da Clínica Cobián con esta aposta pola dita tecnoloxía avanzada é “dar un paso firme na optimización da comunicación entre pacientes e médicos de maneira que se estableza unha relación enriquecida de forma automática en ambos os sentidos, entre o rexistro persoal de saúde do paciente e a súa historia clínica no centro”. Este labor de optimización da comunicación abranguerá accións concretas como o almacenamento seguro na plataforma ClepIO de toda información que se xere da saúde de nai ou do bebé: imaxes de ecografías, resultados de analíticas ou informes médicos, entre outros. Todos estes contidos estarán a disposición do paciente para a súa consulta cada vez que o desexe.
ClepIO posibilita, ademais, recibir notificacións no móbil para avisar cando e como se debe tomar un medicamento ou que día hai que asistir a unha cita. Ao mesmo tempo, permite subir anotacións e fotografías propias sobre a evolución de calquera doenza, xestionar as citas dos cativos e o seu calendario de vacinas. Segundo o doutor Fernando Cobián, “esta iniciativa sitúa á nosa clínica á vangarda no uso de innovacións tecnolóxicas para a mellora da saúde”. E engade: “Cómpre ter en conta que as novas xeracións de pacientes que acoden ao noso centro utilizan a diario os móbiles e os dispositivos medidores de parámetros de saúde, e os profesionais non podemos ficar atrás desta realidade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?