Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FOGA dixitalizou as Memorias de Escavación do arqueólogo coruñés Luis Monteagudo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FOGA dixitalizou as Memorias de Escavación do arqueólogo coruñés Luis Monteagudo

Redacción
Publicado: 04/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O Castro de Elviña, descuberto en 1947 polo arqueólogo coruñés Luis Monteagudo
O Castro de Elviña, descuberto en 1947 polo arqueólogo coruñés Luis Monteagudo
A empresa galega FOGA, centrada en solucións globais de integración, entregou este luns os resultados do seu traballo de dixitalización das Memorias de Escavación da Fundación Monteagudo. O acto, que se desenvolveu no Museo das Mariñas de Betanzos, contou coa presenza (entre outros) de Alfredo Erias, presidente da Fundación e director do Museo, e de Agustín Miguéns, director de Proxectos de FOGA. Segundo fixo saber a empresa con sede en Santiago, os documentos obxecto de dixitalización do proxecto representan “unha importante parte do legado do destacado arqueólogo coruñés Luis Monteagudo García”, quen foi director do Museo Arqueolóxico da Coruña, membro do Deutsches Archäologisches Institut de Berlín, colaborador de Prähistorische Bronzefunde e correspondente da Real Academia dá Historia e da Real Academia Galega.
As Memorias de Escavación do ex profesor da Universidade de Santiago, que entre outras cousas promoveu a primeira campaña de escavacións no Castro de Elviña, presentan as denominacións dos diferentes xacementos e proxectos, o tipo de intervención arqueolóxica que neles se desenvolve, os concellos, os datos dos promotores e directores de escavación, a duración dos traballos e a súa localización con planos de emprazamento e de parcela xeorreferenciada. “Cada unha das memorias”, informan FOGA e a Fundación Monteagudo, “contén unha introdución xeral coas características e a situación xeográfica das escavacións, os seus antecedentes históricos e a metodoloxía de traballo empregada, descricións dos traballos desenvolvidos, interpretacións, conclusións e relacións dos tratamentos aplicados e as correspondentes propostas de conservación”.
Nos anexos a estas memorias atópanse tamén debuxos de campo, fichas de unidades estratigráficas, inventarios de materiais arqueolóxicos, debuxos dos devanditos materiais, láminas con fotografías e planos da situación das parcelas.
Os traballos de dixitalización consistiron na preparación e traslado dos documentos sobre os que se aplicou un proceso de captura dixital no Laboratorio de FOGA. Tralo tratamento das imaxes “e os debidos controis de calidade”, explican fontes da empresa galega, procedeuse á súa entrega, acompañadas de documentos OCR (con textos en soportes editables en formato dixital). Entre os obxectivos deste traballo atópanse os de contribuír á preservación do dito legado e, tamén o de pór estas memorias a disposición de investigadores e usuarios en xeral en Galiciana, a Biblioteca Dixital de Galicia impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?