Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores da USC deseñan un procedemento para estudar inscricións e gravados en 3D
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores da USC deseñan un procedemento para estudar inscricións e gravados en 3D

Redacción
Publicado: 04/01/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

usc_astrend.jpgUn grupo de investigadoras/es da área de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade de Santiago veñen de desenvolver unha nova metodoloxía para o procesado o informático de imaxes e o estudo pormenorizado de petróglifos, inscricións ou gravados megalíticos en 3D. A tecnoloxía creada, que se fundamenta sobre software libre, está a ser probada en petróglifos de Campo Lameiro e máis en inscricións do Museo do Pobo Galego. Miguel Carrero Pazos, Alia Vázquez Martínez e Benito Vilas Estévez son os impulsores da iniciativa, de nome AsTrend, cuxo obxectivo é “axudar a obter un rexistro máis exacto dos gravados”.
O proceso, reflicte a Universidade de Santiago, parte do traballo cun escáner 3D ou cunha metodoloxía de baixo custe denominada fotogrametría de obxecto próximo e “baséase na creación dun modelo tridimensional a partir de series de fotografías que se poden tomar con cámaras convencionais”.
Con respecto a metodoloxías previas e análogas, o traballo desenvolvido polo grupo de especialistas da USC achega o “extra” de pór en xogo melloras importantes no proceso de “posprocesado”, salientando as concavidades e convexidades do modelo 3D para ler mellor os gravados. Segundo Miguel Carrero “ata o de agora existían achegas que, de diferente forma, xogaban con sombras artificiais para poder ver mellor os motivos”. Coa metodoloxía que presenta o equipo de Carrero tírase partido de das visualizacións da tecnoloxía LiDAR para exaltar detalles. O froito de todo isto, salientan, é “un rexistro dos gravados moito máis exacto”.
O proxecto do equipo da USC atópase arestora en vías de publicación e será presentado no Computer Applications and Quantitative Methods in Archeology, en 2016 en Oslo, congreso internacional sobre novas tecnoloxías aplicadas á Arqueoloxía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?