Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Windows 10 xa está instalado en máis de 200 millóns de dispositivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Windows 10 xa está instalado en máis de 200 millóns de dispositivos

Redacción
Publicado: 05/01/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

msw-familiar-startb.jpgMicrosoft abriu a semana anunciando que o seu sistema Windows 10 atópase instalado a día de hoxe en máis de 200 millóns de dispositivos en todo o mundo. Esta cifra e o medre da mesma, por certo, experimentaron un importante impulso na celebración do pasado Black Friday, que segundo apunta a compañía engadiu un 40% de novos dispositivos con Windows 10. Para Microsoft, non cabe dúbida de que o sistema encarrila o vieiro axeitado, e máis se temos en conta que Windows 10 é a versión do software de todas as achegadas pola compañía que amosa unha traxectoria de implantación máis rápida. Máis polo miúdo, a súa taxa de adopción é un 140% máis rápida cá de Windows 7 e un 400% máis cá de Windows 8.
Segundo engade a multinacional, o éxito de Windows 10 nos eidos empresariais e do ensino “tamén é visible arestora”. Así, máis do 76% dos usuarios empresariais de Microsoft contan con programas piloto de Windows 10, e máis de 22 millóns de dispositivos de empresas e de usuarios centrados en educación teñen instalada a última versión do sistema.
Como lembraremos, a versión Windows 10 foi lanzada por Microsoft o pasado verán, presentándose no mundo cunha serie de novidades a ter en conta, por exemplo a súa vertente multiplataforma estándar (serve para calquera dispositivo electrónico, mesmo sen pantalla) e o seu potencial no ámbito da mobilidade (achega un mesmo sistema independentemente do dispositivo empregado en cada momento (tableta, portátil, teléfono, etc).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?