Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou dende a nosa aplicación para iPad.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á innovación galega durante o ano 2015.
Tamén destacamos outros temas como:
– A Deputación de Pontevedra aposta pola formación TIC para as mulleres da provincia
– Visitamos (virtualmente) a nova edición do International Consumer Electronic Show (CES) de Las Vegas
– AMTEGA e IGAPE queren capacitar ás nosas empresas no uso avanzado das TIC
– Os Gobernos galego e central xuntan forzas para o pulo do emprendemento dixital na nosa terra
– O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, CPEIG, convidado a participar activamente na Noite Catalá das TI
– Gradiant, aliado das empresas para o programa Conecta PEME
– Entrevistamos aos responsables da ferramenta galega para crear granxas smart, Autofarm
– As actrices e actores da nosa terra renovan ao máximo a súa presenza na Rede
– Vodafone TV fai historia no ámbito da televisión avanzada
– Achegámonos á vertente tecnolóxica de Land Rober Tunai Show
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
