Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GALPon pon en probas a beta primeira de MiniNo Queiles 3.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

GALPon pon en probas a beta primeira de MiniNo Queiles 3.0

Redacción
Publicado: 19/01/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

queiles-4.jpgA asociación GALPon vén de habilitar a versión de probas (beta 1) do sistema en desenvolvemento MiniNo Queiles 3.0. A versión está xa descargable dende o portal de MiniNo con formato de imaxe ISO e ficheiro MD5 para quen queira probar as novidades que pon en xogo e “informar de calquera cuestión ou problema que se detecte”. Precisamente entre os elementos que introduce a versión atópase a instalación de Cronopete, ferramenta destinada a paliar unha posible perda de información no disco duro. “Tendo en conta que as máquinas obxectivo desta distribución adoitan seren bastante vellas é frecuente que teñamos temor á perda de datos por seren o disco tamén moi vello”, advirten dende GALPon.
Segundo engaden, Cronopete é un programa “moi sinxelo” para realizar copias de seguridade do noso cartafol persoal. E explican: “Trátase dunha ferramenta semellante a Time Machine de Mac e ten unha interface moi simple”. Na pantalla principal atoparemos información sobre a última copia de seguridade realizada con Cronopete e a vindeira copia programada para realizar coa aplicación. A aplicación xestiona as copias de seguridade do sitio /home podendo eliminar da copia de seguridade algúns cartafoles que non queiramos que se copien.
Amais disto, a versión de probas de MiniNo Queiles 3.0 inclúe a novidade de instalar “unha potente ferramenta de ordes de consola”, Inxi, que posibilita extraer datos doados de entender sobre o hardware, a configuración e o software instalado no equipo.
Lembrar que MiniNo Queiles 3.0 é un novo paso ao abeiro de GALPon MiniNo, unha distribución de GNU/Linux creada para executarse en equipos con poucos recursos hardware ou obsoletos (ata 10 ou 12 años de antigüidade). Da mesma raizame xurdiu tamén PicarOS, distribución multipropósito enfocada ao ensino e concibida como un sistema lúdico para nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?