Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: iCarto impulsa un obradoiro de OpenStreetMap e un mapatón solidario con Mozambique
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

iCarto impulsa un obradoiro de OpenStreetMap e un mapatón solidario con Mozambique

Redacción
Publicado: 18/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

icarto_xornada_mozambique-2.jpgA empresa galega iCarto, centrada nunha chea de aplicacións reais da programación aberta ligada ao mapeo e á xeo-tecnoloxía (inventarios de infraestruturas, Sistemas de Información Xeográfica, solucións de xestións e mantemento de redes viarias, etc), vai organizar o vindeiro 8 de abril un obradoiro de introdución a OpenStreetMap. A actividade, organizada man con man co Laboratorio de Cartografía da Universidade da Coruña (CartoLab), complementarase cun “mapatón” solidario cunha contorna xeográfica concreta de Mozambique, máis polo miúdo a área norte do país, coa que iCarto leva traballando dende hai varios anos en proxectos de desenvolvemento a través das convocatorias de Cooperación Galega (Xunta de Galicia).
Estes proxectos, segundo reflicten dende a plataforma Mancomún, teñen por obxectivo o fortalecemento institucional da Administración Rexional de Augas do Norte de Mozambique (ARA-Norte) a través do emprego de tecnoloxías de información xeográfica de software libre.
Segundo informa iCarto o devandito evento está artellado en dúas metades. Por unha banda, a presentación pola mañá do traballo que a empresa galega está a despregar no país africano, amais dun obradoiro de introdución a OpenStreetMap, destinado este último a aquelas persoas que queiran coñecer e empezar a colaborar con este proxecto. Por outra banda e xa pola tarde farase encetarase o mapatón humanitario propiamente dito, que consiste en traballar con OpenStreetMap creando cartografía en Mozambique que será empregada para poder facer un estudo de riscos de asolagamentos, polo que a sesión de traballo colaborativo centrarase no mapeado de elementos vulnerables (vivendas ou infraestruturas). A asistencia á xornada é de balde, pero é preciso inscribirse previamente.
Como lembraremos, á plataforma OpenStreetMap se lle coñece na comunidade internauta open source como “a Wikipedia dos mapas” e a súa finalidade é achegar os recursos necesarios para dar forma a unha cartografía libre do noso mundo, e ademais de xeito colaborativo. OpenStreetMap salienta entre outras cousas por fornecer unha representación cartográfica da Terra, e tamén por constituír unha macrobase de datos de índole xeográfica, accesible para todas e todos e con ampla marxe de adaptación e mellora.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?