Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula de Formación Informática da UDC afronta a primavera cunha chea de cursos open source
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

A Aula de Formación Informática da UDC afronta a primavera cunha chea de cursos open source

Redacción
Publicado: 06/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

afi_udc-2.jpgA Aula de Formación Informática (AFI) da Universidade de Coruña (UDC) ten entre mans unha interesante serie de actividades formativas para os días vindeiros, boa parte todas elas co nexo común de versaren sobre tecnoloxías libres e sen cancelas. Os cursos de abril e maio teñen ademais un nivel de iniciación ou mesmo perfeccionamento nas tecnoloxías que lles serven de fío temático e alicerce. Inclúense actividades sobre Python, sobre prácticas na elaboración de documentos con exemplos prácticos en LibreOffice ou sobre edición de vídeo con ferramentas libres como Shotcut.
Estas achegas formativas, a maiores de presentar un uso práctico das ferramentas, axudan a introducir aos participantes nos modelos e prácticas de traballo colaborativo moi vinculados á programación aberta. Ademais, sinala a AFI, contribúen a mellorar a compresión e uso de correcto dos distintos tipos de licenzas existentes “e amplían a visión de mercado dos alumnos amosando un maior abano de solucións para o desenvolvemento de traballos técnicos”.
O programa está constituído polas seguintes actividades, todas elas achegadas en documento PDF:
Introdución á edición de vídeo con Final Cut Pro X
Data: do 3 ao 12 de maio. Horario: de 9:00 a 11:30
Edición de documentos profesional e colaborativa na nube con LaTeX
Data: do 3 ao 12 de maio. Horario: de 16:00 a 18:30
Programación orientada a obxectos, ORM e interfaces gráficas con Python
Data: do 5 ao 14 de abril. Horario: de 09:00 a 11:30
Escultura dixital con Mudbox
Data: do 5 ao 14 de abril. Horario: de 11:40 a 14:10
Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos e follas de cálculo (MS Office, LibreOffice…)
Data: do 5 ao 14 de abril. Horario: de 16:00 a 18:30
Edición de vídeo con ferramentas de software libre: Shotcut
Data: do 5 ao 14 de abril. Horario: de 18:40 a 21:10
Introdución ao desenvolvemento de aplicacións móbiles con Android
Data: do 19 ao 28 de abril. Horario: de 11:40 a 14:10
Bases de Datos. Microsoft Access
Data: do 19 ao 28 de abril. Horario: de 16:00 a 18:30

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?