
Segundo nos conta o CITIC, entre os requisitos para participar na competición esíxese, de base, o emprego dalgunha técnica de intelixencia artificial na funcionalidade principal da aplicación, e que esta sexa “totalmente funcional”. Tamén que o idioma empregado sexa o español ou o inglés, e que funcionen baixo os sistemas operativos iOS, Android ou Windows Phone.
A organización outorgará dous premios, consistentes en 500 euros para as/os desenvolvedoras/es da ferramenta gañadora e un diploma acreditativo para a/o finalista. As aplicacións poderán ser remitidas ata o vindeiro 20 de maio de 2016. O 3 de xuño notificarase aos autores a aceptación a concurso e as correccións. A versión final estendida do aplicativo poderá enviarse, máximo, ata o 10 de xuño, e 7 días despois será a data límite para inscribir a un membro por equipo para participar na competición.
Presenza galega no xurado do concurso para atopar as mellores aplicacións baseadas en IA
Compartir Este Artigo

