Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo xa conta co seu propio repositorio institucional aberto
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

A UVigo xa conta co seu propio repositorio institucional aberto

Redacción
Publicado: 27/04/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_repositorio_institucional_de_acceso_aberto.jpgQue a ciencia e o coñecemento tecnolóxico estea ao alcance de todo o mundo e sen custo ningún é a filosofía que se agocha detrás dos repositorios de acceso aberto que vían a luz a finais do século XX, ou sexa: os coñecementos científicos xerados pola investigación e publicados na literatura científica dispoñibles a través de Internet sen barreiras (de prezo, de consulta e uso) por mor das restricións da regulación da propiedade intelectual. Emporiso, a Universidade de Vigo anunciaba onte que se une de cheo a esta corrente de divulgación libre e aberta e faino a través de Investigo, o seu propio repositorio institucional de acceso aberto.
Os defensores desta política subliñan que a maior parte de investigación é financiada e desenvolvida por institucións públicas, polo que o acceso á literatura científica que recolle esa investigación debería estar publicamente dispoñible en aberto, así opinaba Gerardo Marraud, director da Biblioteca Universitaria, entidade encargada de coordinar a posta en marcha desta nova ferramenta.
Segundo explicou o responsable do proxecto, moitos poderes públicos, institucións financiadoras e, mesmo a UE, están a promover o acceso aberto a través de mandatos e, en España existen dúas disposicións legais deste carácter. Por unha banda a Lei da Ciencia, que determina a obriga de difundir en aberto unha versión dixital dos artigos resultado de investigacións financiadas con fondos dos orzamentos xerais do Estado; por outra, o Real Decreto que regula o doutoramento, que aplica esta obriga ás teses lidas nas universidades públicas.
E indo ao repositorio vigués, dicir que vai conter, como informa o director da Biblioteca: “non só os artigos de revistas do persoal investigador e as teses lidas na Universidade de Vigo, senón tamén todos aqueles traballos que son valorados como méritos de investigación: capítulos de libros, libros e relatorios e comunicacións a congresos científicos”, pero salienta que “sempre respectando os dereitos de propiedade intelectual”.
Investigo bota a andar poñendo a disposición da comunidade universitaria as teses de doutoramento dos anos 2011 a 2014 “e nas vindeiras semanas imos depositar as teses de 2015”, engade Marraud. Xa a partir de maio, a Sección de Posgrao comezará a xestionar as teses de 2016 directamente a través do repositorio. Para o resto de contidos, serán os propios investigadores os que se encarguen de poñer en aberto a súa produción científica, seguindo o principio do autoarquivo.
A aposta da Universidade de Vigo por esta nova ferramenta trata de difundir e dar maior visibilidade a escala mundial á súa produción científica, preservar a memoria científica da institución, axilizar o rexistro e avaliación da produción de investigación, axilizar o proceso de presentación das teses de doutoramento e mellorar internacionalmente a súa imaxe. Así, como sinala Marraud, “ofrecer en aberto versións dixitais dos traballos de investigación en repositorios permite, segundo diversos estudos, incrementar nun 20-25% o volume de citas recibidas por un traballo de investigación”.
En canto a novidades, Investigo achega, fronte a repositorios doutras institucións, a conexión directa co Sistema de Xestión da Investigación da Universidade (SUXI), de xeito que o repositorio se converterá nunha ferramenta útil para introducir os méritos de “produción científica” no coñecido como SUXI. Isto será posible grazas ao sistema SAI3, desenvolvido pola Biblioteca Universitaria en paralelo co repositorio. Segundo Marraud, “vai facilitar moitísimo ao persoal investigador a tarefa de ‘subir’ ao SUXI a súa produción científica ano tras ano, á vez que vai permitir ‘poboar’ con contidos o repositorio dunha maneira eficiente”. Como explican os seus impulsores, co SAI3 un investigador ou unha investigadora pode depositar no repositorio un traballo de investigación en menos dun minuto coa vantaxe engadida de que os datos dese depósito pasan tamén ao SUXI.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?