Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega a nova versión de Ubuntu (a 16.04) e cun alto nivel de tradución ao galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Chega a nova versión de Ubuntu (a 16.04) e cun alto nivel de tradución ao galego

Redacción
Publicado: 02/05/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ubuntu16-840x473-2.jpgOs días pasados foi lanzada a nova versión do sistema aberto Ubuntu, hoxe por hoxe para moitos usuarios TIC a principal alternativa open source (e sen dúbida unha das máis competitivas) ás diferentes facianas de Windows. Falamos da versión 16.04 (LTS), novamente na nosa lingua grazas ao traballo do equipo galego do UGT (Ubuntu Galician Translators) que mantén o seu traballo de localización nun nivel do máis salientable, entre os 20 primeiros do mundo, segundo lembran dende o colectivo Trasno “por riba de linguas coma o chinés ou o alemán cunhas comunidades de usuarios e colaboradores moito máis numerosas”. De feito, a nova versión está dispoñible en galego ao 93% . Lembrar que esta porcentaxe atinxe tanto ao software do ambiente de escritorio coma do novo sistema móbil.
Respecto dalgunhas das principais novidades que achega a versión Ubuntu 16.04, sinalar que é compatible con paquetes Snappy (co obxectivo de preparar o sistema operativo para Unity 8 e para unha vindeira integración coas ferramentas dos dispositivos móbiles, “apuntando á converxencia de sistemas”), que está baseada en Linux Kernel 4.4 (con asistencia de longa duración), que acubilla a versión 48 de Chromium e a 45 de Firefox e que vén acompañado (de maneira predeterminada) de Gnome Calendar.
Ademais, o Centro de Software de Ubuntu desapareceu da nova entrega para dar paso a un “máis eficaz” Gnome Software, que nos permite descargar programas e ferramentas dunha maneira máis sinxela e áxil. Por outra banda, as buscas en liña do panel veñen desactivadas de maneira predeterminada (respondendo a unha chea de peticións dos usuarios) e, ademais, a nova versión de Ubuntu vén coa suite ofimática open source LibreOffice 5.1.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?