Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Plan de Software Libre 2016 contará coa colaboración dos principais axentes do sector
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

O Plan de Software Libre 2016 contará coa colaboración dos principais axentes do sector

Redacción
Publicado: 05/05/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

plan_soft_libre_02.jpgO Plan de Software Libre 2016, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) contará un ano máis coa achega dos axentes do software libre da Comunidade, tras asinar novos convenios de colaboración coa Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL); con catro Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre (AGUSL), Ghandalf, GPUL, Asociación Cultural Proxecto Trasno e XeoPesca; e co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG), integrado polas tres universidades galegas.
Os acordos asinados, cunha dotación conxunta de 125.000 euros, permitirán a realización dunhas 30 actuacións, que inclúen a tradución de Software Libre, a organización de xornadas, cursos, obradoiros, o fomento do software libre en proxectos de cooperación ou solidariedade social ou a formación en Software Libre nas Universidades.
O Plan de Acción en Software Libre 2016 ten como obxectivo promover a reutilización de software na administración pública, o impulso dunha oferta de solucións libres e de calidade para as nosas empresas, e incrementar o uso e coñecemento do software libre por parte da sociedade.

Contidos
  • Colaboración con AGASOL
  • Actuacións das AGULS
  • Colaboración coas Universidades

Colaboración con AGASOL

AGASOL organizará unha xornada de colaboración empresarial e software libre, co obxectivo de xerar encontros entre empresas do sector tecnolóxico e o software libre e outros sectores como a agricultura, ciencia, cultura, etc. Ademais, achegará a súa experiencia para o apoio ao proceso de migración a software libre do posto de traballo do empregado público e para a titorización respecto á certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX) para a cidadanía.

Actuacións das AGULS

As 4 asociacións asinantes do acordo desenvolverán preto de 20 actuacións entre as que cómpre destacar a colaboración de Ghandalf na organización da Open Source Hardware Demonstratrion (OSHWDEM) ou o seu proxecto piloto de investigación de emprego de Drons para mapeo sobre OpenStreetMap.
Pola súa parte entre as actividades da asociación Trasno está a celebración de novas edicións das súas Trasnadas, xornadas para o debate terminolóxico, ou o proxecto de tradución da aplicación civiCRM dirixida a entidades do terceiro sector. No caso de GPUL salientar a celebración dos GPUL Labs, serie de obradoiros e sesións co obxectivo de crear unha comunidade activa de desenvolvedores de software libre en Galicia.
Finalmente, Xeopesca centrarase en difundir e mellorar a aplicación Xeopesca para o sector pesqueiro, así como en continuar coa súa investigación e difusión do uso de hardware libre neste sector.

Colaboración coas Universidades

O CIXUG manterá un ano máis as súas actividades de formación en tecnoloxías libres á comunidade universitaria así como soporte aos técnicos no uso destas solucións e coa tradución ao galego de software de interese no ámbito universitario.
Estes acordos súmanse aos asinados recentemente pola a AMTEGA e os colexios profesionais de Enxeñaría Informática e Enxeñaría Técnica Informática (CPEIG e CPETIG) que tamén incorporaban algunhas accións en prol do fomento do Software Libre.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?