Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A canle da CRTVG, gañadora do concurso de Twitter en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A canle da CRTVG, gañadora do concurso de Twitter en galego

Redacción
Publicado: 18/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

twitter_en_galego_2016.jpgXa sabemos o nome da entidade premiada na segunda convocatoria do Premio á conta 2016, dirixido a salientar e visualizar os usuarios de Twitter que aposten polo galego na rede social. Segundo fan saber dende a iniciativa Twitter en Galego, impulsora do certame, este ano a conta oficial da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) fíxose co devandito recoñecemento. Este, como lembraremos, convocouse novamente para promover o uso do noso idioma nos novos servizos 2.0 de comunicación. Os encargados de achegar as candidaturas para o galardón foron os propios usuarios de Twitter. O concurso comezou o 26 de abril e rematou onte o 17 de maio, co gallo da festividade dupla do Día das Letras Galegas e o Día Internacional de Internet.
Segundo fan saber os impulsores do concurso, a decisión foi tomada tras moito deliberar e non sen certas dificultades, “pois os tres finalistas son grandes exemplos do bo uso da nosa lingua na rede”. Os outros dous finalistas foron, por certo, a canle Quenchedera (que está a celebrar hoxe, por certo, os seus 13.000 seareiros) e a de CantoGhalpón. Finalmente a canle máis votada do certame foi a da CRTVG e iso, segundo apuntan dende Twitter en Galego, tivo que ver moito na elección, “así como o traballo que vén realizando á hora de informar diariamente que ofrece como un medio público”. Segundo fan saber os impulsores do certame, “por sorte para o galegos e galegas as nosas Radio e Televisión está á última no que se trata de difundir a través das redes sociais e empatizar cos seus usuarios e usuarias en comparación con outras canles e antenas”. Ademais, indican, o uso de imaxes e vídeos de calidade, o bo xogo coas iconas e a calidade lingüística “fan dela unha boa conta”. Segundo salientan, “este premio vai para os traballadores e traballadoras que están detrás dun perfil en Twitter e noutras redes sociais e que se encargan de difundir do mellor xeito a nosa lingua entre os e as internautas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?