Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A alianza galega Aptic Redes, homologada para as axudas de Red.es en materia cloud
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A alianza galega Aptic Redes, homologada para as axudas de Red.es en materia cloud

Redacción
Publicado: 20/05/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cloud_red.es.jpgO Grupo Isonor, compañía galega especializada en consultoría TIC e protección de datos (entre outras liñas de acción tecnolóxicas), vén de informar da homologación como provedoras (a nivel estatal) das firmas integrantes da alianza empresarial Aptic Redes para o Programa de fomento da demanda de solucións de computación na nube para pequenas e medianas empresas, a través de convite público emitido dende a entidade Red.es. A dita UTE (polas súas siglas Unión Temporal de Empresas) está integrada polas compañías tecnolóxicas galegas Advanced Systems Puntobit, Isonor Quality, Ava Solucións Tecnolóxicas, Teimas Desenvolvemento e Cocodin Technology. En base a esta acreditación, serán subministradoras para todo o ámbito estatal dos recursos na nube que acompañen e sosteñan o devandito programa de Red.es.
O programa en cuestión, lembran dende Isonor, ten como obxectivo fomentar a dixitalización e mellorar a competitividade da PEME española adoptando solucións de cloud computing. As axudas para isto, que poderán cubrir ata o 80% do investimento, están orientadas a PEME e autónomos, con menos de 250 empregados e un volume de negocio menor de 50 millóns de euros. Estes incentivos, engade a empresa galega, garanten o aforro de custes e máis a accesibilidade dos sistemas de información para emprazar estratexicamente ás empresas coa fórmula da computación na nube. A UTE Aptic Redes está homologada para implantar e aplicar ata cinco das solucións que conforman a oferta do programa, e que son: Presenza en Internet, Comercio electrónico, Ferramenta de xestión integral de negocio, ERP; Ferramenta de xestión de clientes, CRM; e ferramenta de xestión económica. O prazo de presentación de solicitudes vai desde o 18 de maio ata o 8 de xuño.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?