Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant, socio tecnolóxico para Innterconecta 2016
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant, socio tecnolóxico para Innterconecta 2016

Redacción
Publicado: 20/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gradiant_innterconecta.jpgOs pasados días puidemos asistir en Santiago, na Escola de Administración Pública, á presentación de Innterconecta 2016. Trátase da cuarta edición do programa FEDER, unha iniciativa enmarcada na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS 3) e no novo Plan de Actuación Xunta-CDTI, e cuxa finalidade básica é fomentar a cooperación en I+D mediante o desenvolvemento de novas tecnoloxías con proxección económica e comercial a nivel internacional. Novamente (igual que nas anteriores edicións), entre os participantes con meirande potencial de cooperación e transferencia atópase o noso Centro Tecnolóxico Gradiant, que ofrece a súa experiencia e as súas capacidades tecnolóxicas para a convocatoria 2016 de Innterconecta, que está dotada con 50 millóns de euros. O prazo de presentación de proxectos finaliza o 20 de xuño.
Segundo informa Gradiant, a nova convocatoria de axudas á I+D abriuse o pasado 29 de abril. O programa está xestionado polo CDTI (Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial) e o seu obxectivo fundamental é “apoiar proxectos de desenvolvemento experimental en cooperación entre empresas”.
As axudas Innterconecta 2016 oscilan entre o millón e os 4 millóns de euros, segundo características do proxecto. Para Gradiant, estamos sen dúbida ante “a convocatoria de axudas a proxectos de I+D cooperativos coas mellores condicións, con porcentaxes de cobertura que van do 40% ao 60% en forma de subvención a fondo perdido, dependendo do tamaño de empresa”. Este ano, como dixemos, a edición vén dotada cunha partida de 50 millóns de Euros, a cargo de fondos de FEDER e do CDTI.
As comunidades e cidades autónomas que poden acceder ás axudas son as incluídas no Programa Operativo de Crecemento Intelixente 2014-2020, ou sexa Galicia, Andalucía, Canarias, Castela A Mancha, Estremadura, Murcia, Ceuta e Melilla. Serán financiables os proxectos que aborden un ou varios destes retos sociais, entre outros:
· Saúde, cambio demográfico e benestar.
· Seguridade e calidade alimentarias.
· Transporte intelixente, sustentable e integrado.
· Cambios e innovacións sociais.
· Economía e sociedade dixital.
· Seguridade, protección e defensa.
O prazo para a presentación de solicitudes para a obtención de axudas do programa remata o vindeiro o 20 de xuño. Para máis información sobre Innterconecta, cómpre visitar a web habilitada polo Centro para Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial. A maiores, se o que queremos é obter máis información sobre como obter axudas concretas para a nosa empresa ao abeiro do programa, cómpre poñernos en contacto con Gradiant a través da conta mregueiro@gradiant.org.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?