Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Northwest Startup Day encherá Compostela de casos de éxito TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Northwest Startup Day encherá Compostela de casos de éxito TIC

Redacción
Publicado: 20/05/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

santiago_northwest_day.jpgOnte anunciábase a celebración do Northwest Startup Day (NOS Day), un ciclo de conferencias levadas a cabo o sábado 28 de maio e organizadas por cinco galegos fundadores e traballadores de startups no exterior. A presentación do NOS Day corría a cargo da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois acompañada de dous dos organizadores do evento, David Pombar (director executivo de SetPay) e Paloma Barreiro (directora de Barrabés Galicia). A meta deste encontro é achegar o meirande valor posible a aquelas persoas implicadas en startups ou que pretenden desenvolver unha iniciativa empresarial destas características, a partires de coñecemento medido, validado e transferible.
E para aqueles que descoñezan que se agocha detrás do termo startup, este pode definirse como unha empresa de nova creación que presenta unhas grandes posibilidades de crecemento e, en ocasións, un modelo de negocio flexible con capacidade de adaptación e evolución. Aínda que con startup tamén podemos referirnos a compañías de calquera eido, normalmente emprégase para aquelas que teñen un forte compoñente tecnolóxico e que están relacionadas con Internet e as Tecnoloxías da Información e da Comunicación.
E volvendo ao NOS Day, as conferencias celebradas o 28 de maio correrán a cargo de persoas que desenvolveron ou traballan en startups de éxito: Rubén Ferreiro (CEO do grupo VIKO e Business Angel de empresas coma Ulabox ou Glovo); Paloma Barreiro (directora de Barrabés Galicia e cofundadora de Atlantic MTA); Javier Gómez (ex directivo de banca que deixou o seu posto para crear todotaladros.com); Claudia Alcelay (de Certificación PM) que contará como o seu side-project chegou a formar a máis de 10.000 alumnos e alumnas en diferentes países; e Alberto Barreiro (responsable de experiencia do Grupo Prisa).
Para atopar máis información sobre o evento ou inscribirse no mesmo cómpre consultar a web de NOSDay.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?