Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ora Galega e a Deputación da Coruña amosan o legado das Irmandades co autobús tecnolóxico iFala
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ora Galega e a Deputación da Coruña amosan o legado das Irmandades co autobús tecnolóxico iFala

Redacción
Publicado: 23/05/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ifala3.jpgA lingua e cultura galegas e as novas tecnoloxías volven achegar froitos de colaboración interesantes a través do autobús iFala, iniciativa-vehículo itinerante que se vén de botar a estrada (o pasado 20 de maio) co obxectivo de achegar ao público o legado das Irmandades da Fala co engadido extra de facelo “con linguaxes e medios novos”. Detrás deste roteiro atópanse Ora Galega e máis a Área de Cultura da Deputación da Coruña, que contan coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüística. O bus abrangue, entre outras cousas relativas á celebración dos cen anos das Irmandades, unha exposición de seu, unha aplicación móbil, unha páxina web e unha canción interpretada en clave colectiva (Poetarras, De vacas, Sés, Isabel Risco, Leo e David Amor, entre outros e outras).
Elvira Souto, Carlos Quiroga e Moncho do Orzán (por Ora Galega) e a vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín, presentaron este venres na o proxecto iFala na Dársena da Coruña, primeira parada da rota que emprende esta iniciativa itinerante que percorrerá cidades e vilas do país “espallando a dimensión e a modernidade das Irmandades da Fala”.
Goretti Sanmartín, na presentación, felicitou a Ora Galega polo deseño do proxecto e aproveitou a oportunidade para facer un chamamento á cidadanía e convidala a que se “embarque” no autobús nas súas paradas e estadías, onde a veciñanza estará en disposición de achar que “as Irmandades son algo vivo e que, como di a lenda do proxecto, hai fala”, sinalou.
ifala2.jpgMoncho do Orzán, de Ora Galega, lembrou que a exposición ofrece “unha liña do tempo desde os Mártires de Carral ata o golpe de 1936” cunha información básica que se pode completar no aplicativo e máis na páxina de iFala. Elvira Souto, pola súa banda, salientou a colaboración de asociacións e outras entidades que contribúen de distintas maneiras á materialización do proxecto, desde a cesión de libros ata a organización de eventos nas distintas cidades e vilas. O escritor e profesor Carlos Quiroga rematou as intervencións destacando que iFala anova algo “que ten un século mais mostra unha vixencia alucinante. Ficamos nós mesmos emocionados co produto”, defendeu.
O domingo o autobús dirixirase a Betanzos para visitar Ferrol, Ourense, Santiago, Lalín, A Estrada, Lugo, Ponteareas, Pontevedra, Ribadeo, Vilalba, Vilagarcía de Arousa e Viveiro serán outras das citas do proxecto itinerante iFala. Asociacións, editoriais e outras entidades colaboran na iniciativa, entre elas, a Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación Cultural Auriense, Ourense, Asociación Cultural Vagalumes, A Estrada, Asociación Francisco Lanza, Ribadeo, Asociación Pensamento e sementeira, Viveiro, Asociación Roxin Roxal, Betanzos, Asociación Socio-Pedagóxica Galega , Confederación Intersindical Galega, Edicións Xerais de Galicia, Editorial Galaxia, Editorial SEPT, Instituto de Estudos Miñoranos, Ir Indo Edicións, Mesa pola Normalización, Seminario de Estudos Chairegos, Vilalba e Sociedade Cultural Medulio, Ferrol.


Vídeo musical para a promoción desta iniciativa

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?