Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: San Simón será de novo unha illa virtual os días 27 e 28
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

San Simón será de novo unha illa virtual os días 27 e 28

Redacción
Publicado: 23/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

nethinking-3.jpgOs días 27 e 28 de maio celébrase na illa de San Simón a sexta convocatoria de NeThinking, un dos eventos do ámbito galego e estatal máis directamente orientados a albiscar futuros comunicativos a medio e longo prazo. Na sexta edición do evento participarán, unha vez máis, internautas e blogueiros referenciais (influencers), xornalistas, consultores e investigadores. A súa previsión é pór todo da súa parte para “interpretar o presente e adiviñar o futuro da era dixital”. Haberá, sinala a organización, sesións brillantes, ideas e reflexións a velocidade de vertixe. A cobertura será tamén tecnolóxica: replicarase o que alí se conte nas redes sociais e ofrecerase en streaming ao resto do mundo (achegándolle a posibilidade de interactuar cos relatores). San Simón será, de facto, unha illa virtual.
O encontro vén da man da Consellería de Cultura, a través da Secretaría Xeral de Cultura. Segundo informa o departamento da Xunta referíndose a éxitos precedentes, en edicións anteriores as sesións foron seguidas por streaming desde 30 países, con gran presenza e debate tamén en Twitter. Para esta sexta edición agárdase “un novo éxito de participación internacional” e, por parte do equipo de traballo, “unha auténtica tormenta creativa da man dos veteranos desta comunidade e tamén das novas incorporacións que cada ano suman valor e calidade”.
No que atinxe ao equipo, aos membros da comunidade Nethinking uniranse “novas voces”, como por exemplo a de Marta Fernández, presentadora da primeira edición de Noticias Cuatro, unha comunicadora “con intensa actividade en redes e un debut literario no que toca, entre outras temáticas, a intelixencia artificial”, sinala a organización do evento. Tamén debuta no foro Xosé Castro, tradutor, guionista, redactor e comunicador; e máis o xornalista e escritor Noel Ceballos xornalista e experto no universo dixital. A poesía no século XXI chegará da man de Irene G. Punto, xornalista, profesora de escritura creativa e autora de varias obras de micropoesía.
Ademais, recuncarán no encontro persoeiros da comunicación e da cultura como Eduardo Arcos, fundador de Hipertextual; Antonio Delgado, xornalista especializado en innovación editorial e profesor de xornalismo de datos; Ismael El-Qudsi, experto en social media e mercadotecnia dixital; Juan Carlos Fernández Fasero, director de Zona Noroeste de SGAE ademais de físico, músico, compositor e produtor artístico, e Julián Hernández, líder de Siniestro Total ademais de escritor, guionista e comunicador en redes sociais. Tamén repiten Pepo Jiménez (creador de Memesis), Hematocrítico, Raquel Martos, Carmela Ríos (Premio Ortega y Gasset de Xornalismo Dixital, arestora responsable de Redes Sociais en El Mundo), Joaquín Rodríguez (fundador de www.futurosdelibro.com) e Mario Tascón, mestre de linguaxe en Internet.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?