Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación Vodafone España recibirá o Premio e-Inclusión do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación Vodafone España recibirá o Premio e-Inclusión do CPEIG

Redacción
Publicado: 24/05/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

fundacion_vodafone-2.jpgSeguimos dando conta das entidades, empresas e persoas recoñecidas este ano polo Colexio Profesional da Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) con motivo das súas diversas construcións ao pulo TIC da nosa terra e ao derrubamento de todo tipo de atranco que poida afastar á cidadanía do coñecemento. O Premio e-Inclusión, que como os restantes galardóns (un total de oito) será entregado no marco da vindeira Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia (como lembraremos, o día 3 de xuño no Hotel-Monumento San Francisco de Santiago), irá dar a mans da Fundación Vodafone España, unha entidade que ten demostrado nunha manchea de ocasións (múltiples actividades de acción social) o seu compromiso a prol do desenvolvemento das TIC para fomentar a accesibilidade universal e a inserción.
Segundo lembra o CPEIG, a Fundación Vodafone España opera a día de hoxe nun bo número de países dos cinco continentes, un total de 27, sendo o lema común das frontes abertas internacionalmente o de Connecting for Good (C4G). A xunta de goberno do Colexio tivo en conta, á hora de decantarse pola división social da operadora, que a Fundación Vodafone España é “unha institución non lucrativa, de ámbito nacional, que forma parte do Grupo Vodafone, unha das principais corporacións do mundo do sector das telecomunicacións, e que as súas actividades diríxense sobre todo ao desenvolvemento das TIC para fomentar a accesibilidade universal, a vida independente e a inserción socio-laboral a prol dos grupos vulnerables, especialmente maiores e persoas con discapacidade”.
Segundo engade o Colexio, a Fundación realiza os seus proxectos en colaboración con institucións representantes deses colectivos relacionadas coa investigación, a formación e a atención (Cruz Vermella, ONCE, CNSE, Conf ASPACE, COGAMI, CEOMA, FEGAUS, ATEGAL, PREDIF, PLENA Inclusión, Orden de San Juan de Dios ou Down España, entre outras). Ademais, “contribúe á difusión das telecomunicacións na sociedade a través de publicacións e informes”. Para enxergar en conxunto toda esta información, o CPEIG recoméndanos visualizar un vídeo específico sobre o devandito labor social e solidario.
A Fundación, explica o CPEIG, conta con catro programas principais de traballo: a Promoción do Coñecemento G4C (estudos, investigacións, obradoiros e congresos para divulgar as oportunidades das novas tecnoloxías para dar resposta ás necesidades de colectivos vulnerables; ademais de convocatorias estatais como por exemplo os Premios Vodafone de Xornalismo), Desenvolvemento e despregamento de Solución CGG (proxectos de innovación en TIC accesibles para mellorar a calidade de vida de grupos en risco e transferilos á sociedade de forma sustentable), Formación G4C (iniciativas para acadar máis emprego entre as persoas con diversidades funcionais e cognitivas a partir do ensino TIC e, tamén, para evitar a fenda dixital das persoas maiores) e Colaboracións C4G (acordos e participacións estratéxicas en fundacións e/ou a través de acordos marcos de colaboración que vinculen asociacións de colectivos en risco). En Galicia, recorda o CPEIG, a Fundación Vodafone España está presente cos seus programas desde a súa creación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?