Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: HP envórcase coa procura de novo talento en toda Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

HP envórcase coa procura de novo talento en toda Europa

Redacción
Publicado: 24/05/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

hp_academy.jpgA empresa tecnolóxica HP e a Fundación Universidade-Empresa (FUE) colaborarán na procura do mellor talento de toda Europa. Pola súa banda, HP achegará un contrato laboral de dous anos na área de Investigación e Desenvolvemento (I+D) a novos profesionais acabados de titular de toda Europa, seleccionados a través do programa HP R&D Academy. Con esta proposta preténdese seleccionar e formar a novos titulados en Enxeñaría Informática, Mecánica e Electrónica, sen experiencia previa, e ofrecer unha carreira profesional na compañía.
O proceso de selección estará liderado pola FUE e os interesados deberán rexistrar a súa candidatura na web específica do programa ata o 20 de xuño de 2016.
Os elixidos deberán demostrar a súa valía mediante probas en liña e superando unha fase final presencial nas oficinas de HP en Barcelona, onde terán que pór en valor as súas habilidades e intereses á vez que recibirán formación nas oficinas do 11 ao 15 de xullo de 2016.
Os candidatos recibirán unha axuda de ata 500 euros (segundo o lugar de residencia) e faráselles entrega dun certificado de asistencia e aproveitamento do curso formativo expedido por HP e pola Fundación Universidade Empresa.
As actividades desenvolvidas durante estes días serán en inglés e impartidas por expertos de primeiro nivel. Unha vez finalizada esta semana, os candidatos máis salientables, incorporaranse a HP cun contrato laboral de dous anos nos que gozarán dunha experiencia internacional e continuarán formándose a través dun Máster que a empresa financiará na súa totalidade.
A convocatoria poderase seguir nos perfís de Twitter, Facebook, LinkedIn da Fundación e a través do hashtag #HPAcademy os candidatos poderán facer as súas achegas e preguntas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?