Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A pulseira electrónica Brooband preséntase no Digital Enterprise Show de Madrid
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A pulseira electrónica Brooband preséntase no Digital Enterprise Show de Madrid

Redacción
Publicado: 25/05/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

brooband.jpgO Digital Enterprise Show (DES) 2016 estase a celebrar en Madrid estes días (do 24 ao 26 de maio) e nel amósanse as solucións máis innovadoras en todos os sectores económicos para axudar ás empresas a emprender a súa transformación cara a nova economía dixital. Hoxe tiña lugar no DES a presentación da BrooBand, a pulseira intelixente creada pola startup Brookesia Design&Technologies logo de ser nomeada pola Tecnópole-Parque Tecnolóxico de Galicia no marco do acordo da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) coa organización do evento.
Brookesia exhibe o seu prototipo de pulseira intelixente, cuxa saída ao mercado se prevé para despois do verán. A BrooBand será personalizable e permitirá levar no pulso todo o que temos no smartphone, amais de intercambiar contactos con outros usuarios só cun apertón de mans, realizar pagamentos ou contar cun sistema de recoñecemento biométrico. Asemade, virá cun kit de desenvolvemento de software que permitirá que terceiras persoas deseñen apps para personalizar a súa pulseira.
Volvendo ao encontro, o DES 2016 inclúe un open innnovation marketplace, no que un grupo de empresas de toda España seleccionadas polo seu potencial para transformar a industria terán a oportunidade de presentar o seu proxecto e manter encontros con grandes compañías.
Os dez proxectos máis salientables participarán nos European Digital Mindset Awards, premios que recoñecen o traballo de persoas e empresas na busca de novos modelos de negocio no marco da transformación dixital.
O evento, que se está a celebrar no recinto IFEMA, reunirá máis de 18.000 profesionais do mundo da innovación e a creatividade nos negocios. Durante tres días terán lugar máis de 450 relatorios co obxectivo de que expertos internacionais conten o último sobre social business, liderado dixital, ciberseguridade, internet das cousas ou mobilidade, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?