Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EGATEL amosa transmisores eficientes e innovadores en Broadcast Asia 2016
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EGATEL amosa transmisores eficientes e innovadores en Broadcast Asia 2016

Redacción
Publicado: 25/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

broadcast_asia_egatel.jpgA firma galega EGATEL vai levar a Singapur (o salón Broadcast Asia 2016) os seus novos transmisores e gap-fillers (reemisor de Televisión Dixital Terrestre) serie WHET, uns equipamentos cos que se busca, entre outras cousas, ampliar a eficiencia enerxética a todo o rango de potencias de RF coa última tecnoloxía de procesado de sinal. Trátase das familias TUWH1000 e RUWH1000, que salientan polo seu deseño compacto e por acadar potencias de ata 115 Wrms nunha soa unidade de rack, “facilitando aos operadores as tarefas de instalación, operación e mantemento”.
Con este lanzamento, en palabras de EGATEL, “a empresa amplía a alta eficiencia enerxética a todo o rango de potencias de RF, aplicando a Tecnoloxía Doherty en banda larga a transmisores e reemisores que se utilizarán nas últimas fases de cobertura dunha rede de TV”.
Segundo engade a firma galega, os ditos aparellos “ofrecen unha relación prestacións-custo inmellorable”. De feito, incide, “ningún outro fabricante broadcast asumira este compromiso a prol eficiencia aplicada ao aforro de enerxía e espazo”. Segundo indica José M. M. Mariño, director de Vendas e Mercadotecnia de EGATEL, “as canles de televisión necesitan facilidades fronte aos custosos gastos de mantemento e buscan sistemas fiables e de calidade”.
egatel_transmisor-6.jpgAs novas series, que están preparadas para traballar en todos os estándares de TV Dixital (DVB-T/T2, ATSC (3.0 ready) e ISDB-Tb), foron especialmente deseñadas para cubrir as necesidades de instalacións de baixa potencia e con limitacións de espazo. Incorporan un avanzado sistema de precorrección dixital adaptativa que elimina as distorsións da etapa de potencia e un potente inhibidor de ecos multiestándar, no caso dos gap-fillers SFN, de altas prestacións.
EGATEL tamén exhibirá o seu smart LNB, un equipo desenvolvido para o operador de satélites Eutelsat. Trátase, segundo informa a firma galega, dun dispositivo electrónico de última xeración equipado cun novo transceptor conectado á antena parabólica que dispón dunha canle de retorno de alta eficiencia. “O terminal revolucionará o mercado SatCom”, explica a firma con sede en Ourense, “ao abrir a porta a unha ampla gama de servizos de TV conectada vía satélite, como HbbTV, redes sociais, operacións de compra, consumo de contidos á carta, etc; así como aplicacións Machine to Machine (M2M): eSaúde, casa conectada, smart metering, etc”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?