Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores da UVigo crean tecnoloxías para crear buques autónomos e robotizados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores da UVigo crean tecnoloxías para crear buques autónomos e robotizados

Redacción
Publicado: 25/05/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_ulises.jpgA nosa costa estaba aí, dándonos vida e recursos, e só tiñamos que envorcar nela boa parte do noso pulo innovador. Dun tempo a esta parte, este pulo innovador reverte intensidade. Se hai uns días falamos dos inmellorables vimbios cos que parte Smarnet (tecnoloxías intelixentes para a nosa pesca e navegación), e tamén das importantes potencialidades de iSEAS (tecnoloxías de análise e cálculo para rendibilizar traballos pesqueiros), agora é a quenda de presentarmos un proxecto que vai converter o noso litoral, logo do verán, nun eido de experimentación para un prototipo de barco autónomo robotizado. Un buque que ademais, polas súas características, “é pioneiro no mundo”. A iniciativa vén da man de Industrias Ferri (promotor principal), a Universidade de Vigo e o CIMNE, Centro Internacional de Métodos Numéricos en Enxeñaría. O proxecto chámase Ulises e un dos seus grandes obxectivos é achegar os recursos precisos para que poidamos converter calquera embarcación nun barco que navegue sen tripulación.
Ulises conta cun orzamento global de 1.581.000 euros. O proxecto arrancou en 2014 e rematarase en 2017 e forma parte do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade. Segundo reflicte a UVigo, o prototipo xa está a punto e o que fica pendente agora, principalmente, é “integrar nel toda a tecnoloxía para que nos vindeiros meses se faga a a botadura inaugural”. Logo será a quenda de optimizar os sistemas.

Os membros do Grupo de Deseño e Automatización de Sistemas Avanzados (DASA)
Os membros do Grupo de Deseño e Automatización de Sistemas Avanzados (DASA)
Por parte da Universidade de Vigo, están implicados neste proxecto cinco investigadores do Grupo de Deseño e Automatización de Sistemas Avanzados (DASA), liderado polo profesor Fernando Vázquez. Segundo fai saber o Grupo, “a finalidade de Ulises non é prototipar un barco, senón unha tecnoloxía que pode ser habilitada e aplicada en calquera embarcación, non fai falta construír unha ad hoc, pódese adaptar calquera, dende un petroleiro ata unha lancha”. Polo tanto, de querer un cliente automatizar o seu buque, “aplicaríase nel a tecnoloxía deseñada ao abeiro do proxecto, sensorizándoo e instalando un equipo a bordo, realizando unha tarefa completa de integración”.
O Grupo explica que o barco autónomo conta cun láser en 3D semellante ao que emprega o coche de Google para recoñecer a contorna e evitar obstáculos e está integrado con cartas náuticas para ter o perfil da costa e de toda a súa contorna. Inclúe un sistema un sistema de posicionamento avanzado, unha tecnoloxía de cálculo de rutas; un sistema de seguimento e máis outro recurso de navegación reactiva que permite reaccionar ante obstáculos inesperados como un barco en ruta ou unha batea, entre outros equipamentos innovadores.
Segundo engade o Grupo, o máis avanzado do barco, aquilo no máis marca diferenzas con respecto ao xa desenvolvido neste eido, son dúas cousas ben definidas: por unha banda o sistema de cálculo de rutas e, por outra, o sistema de navegación que cumpre o RIPA, Regulamento Internacional de Prevención de Abordaxes.
Ulises, informa a UVigo, é “a culminación” dunha liña de investigación que o grupo DASA vén desenvolvendo dende 2004, cando comezaron a traballar en automatización naval, tanto no eido da robótica como no posicionamento dinámico, unha liña de investigación dirixida a permitir aos buques manter a súa posición no mar nun punto e nunha orientación determinada, sen depender das mareas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?