Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 60.000 estudantes galegos e portugueses poderán adestrarse en empregabilidade na feira virtual FINDE.U
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 60.000 estudantes galegos e portugueses poderán adestrarse en empregabilidade na feira virtual FINDE.U

Redacción
Publicado: 25/05/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_feira_virtual.jpgOs vindeiros días, do 30 de maio ao 3 de xuño, desenvólvese na Universidade de Vigo a FINDE.U, Feira Internacional Virtual de Emprego. No evento, que se desenvolve en formato dixital dando acubillo a 61.000 estudantes das tres institucións académicas organizadoras da Feira (UVigo, Universidade de Porto e Universidade de Tras Os Montes e Alto Douro) e máis de 100.000 titulados, participarán empresas como Abanca, Indra, Levantina, Gestamp, Parfois, Qreer, Starwood Hotels & Resorts, Technogarden ou Deerpark House. A día de hoxe, xa case hai un cento de firmas e entidades que confirmaron a súa presenza, sobre todo procedentes de España e Portugal. Delas, 63 son empresas que ofertan contratos ou prácticas; 17 son puntos de información e 11 son redes Eures de diferentes países.
Ao longo de cinco días a Feira Internacional Virtual de Emprego desenvolverase como “unha plataforma interactiva para poñer en contacto entidades empresariais que procuren persoal con estudantes e xa titulados que estean iniciando a súa andaina no mundo laboral”, sinalan os co-organizadores galegos, a equipa da Área de Emprego da Universidade de Vigo, cuxo responsable, Alejandro Martínez, explica que “durante esta semana as empresas están comezando a subir as súas ofertas e os alumnos e alumnas que estean matriculados poden inscribirse xa nas sexan dos seu interese”. Sobre o tipo de ofertas publicadas ata o de agora, Martínez salienta a súa “heteroxeneidade, con todos os sectores e titulacións representadas” e con especial presenza de eido da enfermaría, a docencia no estranxeiro, as novas tecnoloxías da información, a enxeñaría ou a moda.
A Feira conta con bos precedentes: organizouse por vez primeira en Porto, o ano pasado, “con moito éxito de participación”. Agora, os impulsores do evento queren darlle máis pulo internacional, apostando de cheo pola dixitalización como fórmula-instrumento para abranguer máis empresas, estudantes, sectores empresariais, obxectivos e froitos a recoller. A idea, polo tanto, “é ir alén do que ofrece unha feira de emprego tradicional”. Segundo lembra a organización respecto do que poden achar os posibles participantes, “os estudantes atoparán nas ofertas de empresas e institucións oportunidades laborais, prácticas profesionais e oportunidades de investigación, mentres que o empresariado poderá publicar as súas ofertas e recibir e filtrar candidaturas, ademais de realizar entrevistas en liña a candidatos previamente seleccionados”.
Os estudantes contarán co apoio técnico e asesoramento da Rede EURES durante todo o evento, participando en seminarios e relatorios tanto en liña como presenciais en cada unha das universidades.
Ademais da participación en liña, o alumnado inscrito poderá asistir de maneira presencial, os días 30 e 31 de maio, ás sesións que se celebrarán en varias salas da Universidade de Porto, UTAD e Vigo sobre temas como a busca de emprego en Europa mediante EURES, as posibilidades de emprego científico para investigadores ou sobre como crear un perfil Linkedin, entre outros contidos. No caso de Vigo, as sesións terán lugar na sala I do edificio Miralles e todas elas poderanse seguir tamén dende as dúas salas virtuais habilitadas na web da Feira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?