Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Optare Solutions aposta polo emprendemento baixo a fórmula do capital semente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Optare Solutions aposta polo emprendemento baixo a fórmula do capital semente

Redacción
Publicado: 25/05/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Tecnoloxía de SetPay, a firma coa que inaugurou a súa actividade Capital Ventures
Tecnoloxía de SetPay, a firma coa que inaugurou a súa actividade Capital Ventures
A consultora galega Optare Solutions, radicada no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo e especializada en achegar recursos avanzados ao sector das telecomunicacións, vén de pór en marcha unha iniciativa destinada a investir en capital semente. Trátase de Optare Ventures, unha innovadora contribución ao emprendemento tecnolóxico dirixida por Luis Álvarez-Sestelo, que é o conselleiro delegado da nova iniciativa. Adicarase, como dixemos, a achegar capital semente. E farao, sobre todo, nos primeiros treitos do camiño dos proxectos a impulsar que finalmente sexan seleccionados.
Segundo fan saber dende Optare Ventures, a nova firma xa está plenamente operativa: xa forneceu investimento á tamén galega SetPay (tecnoloxías avanzadas para facilitar o pagamento mediante tarxetas bancarias en mobilidade) e a previsión é facer o mesmo con dúas firmas máis antes de que remate 2016. Os proxectos a impulsar serán do ámbito das novas tecnoloxías, aínda que non se desbota a elección de iniciativas doutros sectores.
O punto de partida de Optare Ventures é un capital de base de 200.000 euros. Os orzamentos dispoñibles incrementaranse pola propia actividade da firma e pola vontade da consultora matriz de reservar unha parte dos seus beneficios para esta liña de actividade de investimento. A metodoloxía a empregar será a de fomentar a colaboración. De feito, a idea é compartir espazo na sede de Vigo cos proxectos impulsados con capital semente, favorecendo que o espírito innovador e o talento beneficien todas as frontes e alenten máis espírito innovador e máis talento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?