Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Autoridade Portuaria da Coruña, Premio Iniciativa Empresarial do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Autoridade Portuaria da Coruña, Premio Iniciativa Empresarial do CPEIG

Redacción
Publicado: 26/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

porto_da_coruna.jpgA Autoridade Portuaria da Coruña recibirá o premio Iniciativa Empresarial que outorga o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) polo proxecto Smart Port A Coruña. Segundo informa o Colexio, esta iniciativa propón un modelo avanzado e pioneiro de xestión integrada a través dunha fórmula cos seguintes ingredientes: innovación, intelixencia e novas tecnoloxías. Estes ingredientes veñen da man da alianza empresarial creada por Emetel e Altia, a UTE Avante, que traballa neste proxecto cunha rede de socios composta por universidades e centros tecnolóxicos. O galardón, coma os restantes convocados polo CPEIG (un total de oito) concederase no decurso da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que terá lugar o vindeiro 3 de xuño en Santiago de Compostela.
Smart Port A Coruña, informa o CPEIG, quere dar resposta a problemas concretos. Moitos deles, sinala, teñen que ver coas dificultades para xestionar da maneira máis óptima e eficiente posible o gran volume de procesos e operacións cotiáns aos que ten que enfrontarse cada día o Porto da Coruña. Estes retos levárono a apostar por “unha solución tecnolóxica a medida” cunha contorna única que combina información, automatización e intelixencia e habilita á comunidade portuaria para o desenvolvemento de operacións e servizos dun xeito integrado, seguro, eficiente e innovador.
smart_port_a_coruna.jpgO proxecto representou un investimento superior aos 4.700.000 euros e foi co-financiado a través do programa operativo FEDER de I+D+i por e para o servizo das empresas. “A iniciativa converte o Porto da Coruña en pioneiro na implantación dun modelo de xestión integrada a través da innovación, a intelixencia e as TIC”, engade o CPEIG, que lembra que as claves de Smart Port A Coruña son a captación e o proceso de datos e información a todos os niveis; a súa capacidade autónoma para transformar os datos en información útil que permite a toma de decisións en tempo real; e a súa capacidade de adaptación aos sistemas de xestións existentes, incorporándolles innovación e tecnoloxía para mellorar e facilitar o traballo de todas as persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?