Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GPUL mergullará aos estudantes en software libre co seu novo Summer of Code
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

GPUL mergullará aos estudantes en software libre co seu novo Summer of Code

Redacción
Publicado: 26/05/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

fic_coruna-5.jpgO Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) proseguirá este verán co seu importante traballo a prol da promoción e o desenvolvemento de software libre na nosa terra. Puidemos ver boa parte deste compromiso pola tecnoloxía sen cancelas nos GPUL Labs, segundo nos conta a organización “un éxito de participación e resultados”, con case medio milleiro de asistentes dando forma, nos diferentes obradoiros programados, á Galicia open source do futuro (a nosa terra como factoría colaborativa de ferramentas abertas). Agora GPUL recunca coa iniciativa GPUL Summer Of Code, un programa formativo que permitirá aos estudantes con arelas de “aprender e involucrarse en proxectos de software libre” desenvolver unha aplicación real, “made in Galicia”, coas máis modernas tecnoloxías. Tecnoloxías libres e co apoio e seguimento de GPUL.
Asemade, os alumnos disporán dun espazo de seu para traballar no despacho de GPUL na Facultade de Informática da UDC. Por outra banda, poderán recibir asesoramento para presentar o proxecto ao Concurso Universitario de Software Libre e ao Premio ao mellor TFG de Software Libre, amais de recibir unha retribución de 400 € mensuais durante os 3 meses de duración no tempo do programa.
Para formalizarmos a inscrición só é preciso enviar un correo á conta info@gpul.org, co currículo/LinkedIn, o expediente académico e a conta de GitHub ou un anaco de código que desenvolveramos previamente (a xeito de, por exemplo, práctica de carreira).
A intención de GPUL coa nova edición do seu Summer of Code é converter o programa nun referente a nivel local dentro da programación aberta, amais de animar a outras entidades a impulsar accións semellantes e crear, todos xuntos, unha cultura de desenvolvemento libre na comunidade galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?