Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado da UVigo festexou as Irmandades da Fala nas redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado da UVigo festexou as Irmandades da Fala nas redes sociais

Redacción
Publicado: 26/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_irmandades.jpgO ámbito da Universidade de Vigo celebrou este mes de maio o centenario das Irmandades da Fala, e fíxoo baixo o seguinte lema: Na Universidade en galego sen prexuízos. Boa parte destas actividades de festexo e convite colectivo para empregarmos a lingua desenvolveuse nas redes sociais, da man do alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Campus de Vigo). Este mércores, coincidindo coa achega da última mensaxe (Todo ten un fin, o emprego da nosa lingua) os estudantes responsables da dita campaña 2.0 reuníronse co reitor Salustiano Mato; o decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Xosé Manuel Baamonde e o director da Área de Normalización Lingüística, Paulo Cabral. O obxetivo: facer balance de todo o acadado a través da iniciativa nas redes sociais.
Segundo fixeron saber os alumnos Pablo Baldomir, Elsa de Dios, Natalia Álvarez e Catarina Barcala, a campaña tivo a súa orixe nun contacto coa Área de Normalización Lingüística, con que se compartiu, de base, a mesma arela a prol do fomento do uso do galego. Aproveitando a celebración do centenario da creación das Irmandades da Fala, propúxoselle ao dito departamento a idea de realizar unha comparación da actualidade e textos da época das Irmandades en redes socias, “que están moi vixentes hoxe en día polo uso por parte da xente nova”, explicou Pablo Baldomir, engadindo que finalmente chegouse a unha media dunhas mil visualizacións por cada publicación.
Segundo fixo saber Elsa de Dios, a idea central foi facer unha comparativa de como eses prexuízos que denunciaban os impulsores das Irmandades da Fala séguense a cumprir. Para facelo de maneira visual empregáronse gráficas creadas para as redes sociais.
En palabras de Catarina Barcala, o que se buscaba plasmar é que cen anos despois das actividades das Irmandades da Fala “os seus textos seguen en plena vixencia e moitas das cousas que os seus integrantes e promotores denunciaron no pasado seguen a pasar na actualidade”. A estudante tamén fixo saber que “as mensaxes chamaron moito a atención polo contraste entre os textos antigos e as iconas das redes sociais”.
Lembrar que a campaña botou a andar o pasado día 11 e remataba onte 25 de maio. Ao longo destas dúas semanas guindáronse ao universo dixital máis dunha ducia de mensaxes. Por exemplo: E ti tuiteas en galego?, En que lingua opinas?, E a ti gústache?; Viaxa con ela polo mundo; A lingua non é un xogo…

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?