Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os datos masivos son o eixe temático da nova conferencia de Ciencia exPress na UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os datos masivos son o eixe temático da nova conferencia de Ciencia exPress na UDC

Redacción
Publicado: 26/05/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

big_data-4.jpgA sala de prensa da Reitoría (A Maestranza) da Universidade da Coruña vai acoller o día 2 de xuño unha conferencia sobre datos masivos, tamén coñecidos como Big Data, un concepto que abrangue a investigación no tratamento de grandes cantidades de información para atoparlles rendibilidade e utilidade en múltiples aspectos da nosa vida cotiá, por exemplo no día a día da nosa empresa ou do noso centro de I+D. A encargada de impartir o relatorio será a catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, Amparo Alonso Betanzos. Trátase da segunda actividade do ciclo Ciencia exPress. A actividade comeza ás 20:00 horas e desenvólvese baixo o epígrafe Big Data, por que? Para que?
Segundo informa a UDC, Alonso Betanzos é a coordinadora coordinadora do grupo de investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial da UDC).
Respecto da cuestión sobre a que vai xirar a súa conferencia, o Big Data, sinalar que este concepto tamén alude ás mellores metodoloxías para atopar datos de valor nunha cantidade inxente de información, atopando patróns repetitivos. Segundo engade a UDC, “calcúlase que en Estados Unidos necesitaranse en 2018 uns 190.000 profesionais con coñecementos de analítica de datos, así como 1,5 millóns de xestores e analistas co know-how necesario en información masiva para tomar decisións efectivas”.
A catedrática Amparo Alonso coordinou o pasado mes de abril as xornadas internacionais sobre Big Data na Facultade de Informática, coa asistencia de importantes expertos mundiais no tema. O ciclo de conferencias Ciencia exPress ten como obxectivo explicar de forma sinxela conceptos ou temas de actualidade mediática e de interese xeral. Organízase en colaboración coa Asociación de la Prensa de A Coruña, quen suxire as cuestións que os expertos da Universidade da Coruña explican de forma amena e rigorosa á cidadanía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?