Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae achéganos recursos de prevención, análise e comportamento ante ataques TI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae achéganos recursos de prevención, análise e comportamento ante ataques TI

Redacción
Publicado: 26/05/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

seguridade_mobiles-4.jpgVitae Consultores vai organizar os días vindeiros unha actividade formativa de gran utilidade sobre como protexer a nosa información nas contornas dixitais. Trátase do Curso Protocolo ante Ciberataques e incidentes en Seguridade TI (formato PDF). O obradoiro constará de 20 horas de contidos e desenvolverase en Vigo os días 17 e 18 de xuño e máis os días 1 e 2 de xullo, na sede de AFundación en Vigo (rúa Policarpo Sanz). Diríxese a fornecer aos nos profesionais de recursos para saberen como actuar ante unha incidencia de seguridade TI, que medidas tomar para facilitar a solución e unha posible investigación, como diferenciar se o incidente constitúe un delito ou non, que facer para previr este tipo de problemas.
Ademais, formarase aos alumnos en cuestión legais sobre seguridade tecnolóxica e sobre aqueles aspectos, en definitiva, que máis e mellor poden axudar ás autoridades competentes a resolver unha investigación.
Estes son os obxectivos do curso, punto por punto: coñecer a lexislación en materia de medidas de pescudas TIC, coñecer o procedemento e pasos a seguir en caso de incidente en seguridade, coñecer os pasos a dar en incidentes en dispositivos móbiles.
O obradoiro vai dirixido a administrador de sistemas dixitais, responsables de protección e administración de activos informáticos ou calquera profesional que teña competencia sobre estes activos. Por contidos, abordarase unha aproximación lexislativa (Código Penal), sobre tendencias nos ataques, sobre esquemas de seguridade, sobre como manexar incidentes, facer análises, prevención ou informes, entre outras moitas cousas. Tamén haberá marxe ampla para estudar as problemáticas relativas aos dispositivos móbiles e a extracción de datos.
O encargado de impartir o curso será Gonzalo Sotelo, responsable do equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil de Pontevedra, diplomado en Policía Xudicial pola Universidade Complutense e en Investigación Tecnolóxica pola Garda Civil, Europol e Interpol, amais de ter formación de diferentes cursos relativos á seguridade informática e a investigación tecnolóxica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?