Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant achega con GLIK un sistema que proporciona intelixencia sobre marcas, produtos o servizos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant achega con GLIK un sistema que proporciona intelixencia sobre marcas, produtos o servizos

Redacción
Publicado: 27/05/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

gradiant_glik.jpgGradiant achegou estes días datos clarificadores sobre GLIK, a súa ferramenta de análise de datos de redes sociais (Social Media Data Analytics). Trátase dunha tecnoloxía smart que proporciona información de valor sobre marcas, produtos e servizos. Entre outras cousas, informa Gradiant, revela datos clave de textos procedentes das redes redes sociais a través da agrupación de contidos en función da súa temática, a extracción de polaridade semántica (mensaxes positivas, negativas ou ben neutrais) e o achado da meta e do obxecto de interese (queixas, necesidades, recomendacións, bromas, adquisición) do usuario que publica. GLIK ten espazo propio na web de Gradiant onde podemos atopar máis claves sobre o seu funcionamento e alcance. Amais, hai un vídeo dispoñible no que se enumeran as vantaxes que poría en xogo para as empresas.
GLIK salienta por moitas características de seu, pero é especialmente sobranceira por atesourar unha alta precisión (os algoritmos de última xeración garanten máis dun 70% de eficacia e excelentes resultados en detección do sarcasmo), pola súa capacidade de adaptación (o sistema pode ser adestrado e adaptado a calquera escenario), por ser quen de analizar dotes en tempo real, e pola súa vertente multi-linguaxe (inglés e castelán, e en datas vindeiras francés, alemán e italiano).
Segundo informa Gradiant, GLIK é un bo exemplo de recurso con especial capacidade para extraer o gran da palla (o dato de valor entre a maré inxente de coñecemento). “As tecnoloxías como o Procesado de Linguaxe Natural”, explica o centro tecnolóxico, “son fundamentais á hora de atopar información con sentido de todos os datos que hai nas redes, novas tecnoloxías capaces de manexar e procesar grandes volumes de información, o chamado Big Data, tanto en tempo real como en batch, así como técnicas de Intelixencia Artificial e Machine Learning con poder para aprender e adaptarse de forma continua a unha información tan complexa e diversa”. Segundo engade Gradiant, GLIK é un exemplo salientable de todo isto.
Na presentación dos novos datos de GLIK, o centro tecnolóxico galego reflicte un estudo recente de OBS Business School, no que se sinala que o Big Data e as tecnoloxías de Data Analytics son básicas a día de hoxe para as empresas. Neste informe dise que tres cuartos das organizacións enquisadas recoñecen o seu impacto na conta de resultados: o 72% obtivo en 2015 un 8% máis de beneficios e un 10% menos de perdas grazas a boas prácticas neste sentido. Ademais, un número cada vez maior de xestores utiliza técnicas de intelixencia de mercado para dotar de contexto á súa estratexia de negocio smart. Porén, sinala Gradiant, é preciso desenvolver un traballo axeitado e ben planificado para atopar o rendemento requirido. “Se ben todos datos son beneficiosos”, explica o centro tecnolóxico, “para que sexan de utilidade cómpre saber almacenalos, identificalos, clasificalos, interpretalos e por último aplicar neles unha capa de intelixencia que permita chegar a conclusións rendibles”. A este respecto, Gradiant vai alén da clásica imaxe da agulla no palleiro e nós tentando por todos medios atopala: “Neste caso, a imaxe máis acaída é a dunha soa agulla en 100.000 palleiros”.
O centro tecnolóxico tamén lembra que nos últimos dous anos xerouse máis información que en toda a historia da humanidade. Así, máis de dous mil millóns de persoas utilizan as redes sociais a diario no noso planeta, xerando información sobre os seus gustos, as súas afeccións, recomendacións, compras, tendencias. En definitiva, “un tesouro para calquera empresa”. O problema, neste senso, é que o 80% de todos estes datos están desordenados e desestruturados. Para Gradiant, xoga e xogará un papel importante neste senso a análise de sentimento, alicerce de GLIK. “A análise de sentimento é posiblemente a ferramenta máis utilizada para a toma de decisións baseadas en datos das redes sociais”, explica o centro tecnolóxico, engadindo que “esta análise é o proceso de determinar e medir o ton, actitude, opinión ou estado emocional de respostas, decidindo se unha conversa ou opinión é positiva, negativa ou neutra”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?