Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As prácticas seguras no uso das TIC centran una xornada no Gaiás
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As prácticas seguras no uso das TIC centran una xornada no Gaiás

Redacción
Publicado: 30/05/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza mañá na Cidade da Cultura de Galicia a xornada Cidadanía e coñecemento dixital, un encontro no que máis de 500 estudantes de ESO afondarán nos atractivos das TIC, nas potencialidades que teñen para o seu desenvolvemento como profesionais no futuro, así como nun uso responsable das mesmas, na mesma liña na que xa se traballa en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG) co programa Navega con Rumbo.
Así mesmo, tratarán de fomentar as vocacións tecnolóxicas da rapazada, as coñecidas como STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñerías e Matemáticas), co fin de mellorar o índice de coñecemento xeral en ciencia e tecnoloxía, así como de alumnos de titulacións destes eidos. Neste sentido cómpre lembrar que o Estudo sobre os factores influentes na elección de estudos científicos, tecnolóxicos, enxeñerías e matemáticas en Galicia indica que o índice de titulados nas Universidades galegas en estudos relacionados co ámbito científico tecnolóxico non será suficiente nos próximos 5 anos para cubrir a demanda de profesionais do sector TIC, xa que só un 8,5% dos alumnos matriculados no sistema universitario galego cursa carreiras do ámbito científico tecnolóxico. Polo tanto, búscase promover estas ensinanzas, coincidindo coa crecente demanda de emprego no sector TIC a nivel rexional, estatal e europeo.
A cita desenvolverase no complexo do Gaiás a partires das 10 horas e estruturarase arredor de obradoiros e de diferentes charlas, especialmente estas en materia de seguridade no emprego da internet e, concretamente, das redes sociais. Os obradoiros serán impartidos por profesionais do Colexio de Enxeñeiros Informáticos de Galicia, por alumnado do último curso da enxeñería en Telecomunicacións da Universidade de Vigo baixo a dirección dos seus profesores universitarios, no marco dun programa de mentorización de alumnado e fomento das vocacións científico-tecnolóxicas e por un grupo de alumnos de ESO do IES David Buján, baixo a coordinación do seu profesor José Viñas (Cambre, A Coruña).
Os medios de comunicación interesados en cubrir o acto poderán achegarse ao Gaiás e presenciar o desenvolvemento dos obradoiros. Os rapaces participantes proceden de 10 centros: os IES Valadares (Vigo), Teis (Vigo), Vilalonga (Sanxenxo), Laxeiro (Lalín), Blanco Amor (Ourense), A Basella (Vilanova de Arousa), As Mariñas (Betanzos), Agra das Raíces (Cee), e os CPI Atios (Valdoviño) e Castroverde (Castroverde).

Contidos
  • Colaboración do CPEIG e coa Universidade de Vigo
  • Experiencias dos alumnos

Colaboración do CPEIG e coa Universidade de Vigo

No caso do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, ofrecerán actividades para achegar ao alumnado á linguaxe de programación SCRATCH, unhas ensinanzas que este curso xa se imparten en 10 centros educativos da rede Abalar ao abeiro de Programación nas escolas, en colaboración co CPEIG.
Así mesmo, traballarase cos LEGO Mindstorms, uns xoguetes de robótica cos que se pode avanzar sobre teorías e operacións básicas neste eido, como a construción destes robots e programación de accións sinxelas.
Pola súa parte, o alumnado de último curso de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo actuará como mentor dos rapaces e rapazas que asistan aos seus obradoiros nesta xornada, a través de actividades coas que tratarán de fomentar as súas vocacións tecnolóxicas, poñéndose a si mesmos e ás actividades que desenvolven na facultade como exemplo.

Experiencias dos alumnos

Por outra banda, o profesor José Viñas, do IES David Buján (Cambre) coordinará, durante a xornada a presentación dos traballos e proxectos que se desenvolven no seu centro, tanto no marco do traballo de aula como no club de ciencia. Amais de amosar diferentes proxectos de investigación e de Ciencia Cidadá, tales como as aplicacións móbiles realizadas polo propio alumnado para diversas investigacións tanto galegas como nacionais e internacionais, ou o uso de microcontraladores como Makey-Makey na creación de dispositivos electrónicos e dixitais, participará tamén Eduardo Santos, estudante deste centro que recreou con materiais reciclados o robot da película A Guerra das Galaxias, R2-D2, explicando a xestación e realización do proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?