O Cloud Computing protagonizará o novo faladoiro dixital, organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a AMTEGA, no marco da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital. O encontro desenvolverase na Facultade de Informática da Coruña (FIC) o vindeiro 7 de xuño de 11:15 a 14:00 horas.
Tras a benvida institucional, a cargo do presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e do decano da facultade, Luis Hervella, o profesor doutor da FIC, Guillermo López, falará da oferta formativa en Cloud Computing. A continuación, o xerente de Tecnoloxía e Contornos Colaborativos en Hijos de Rivera, Carlos López, e a responsable de Sistemas Informáticos e Telecomunicacións en Auto Radio, Cristina Bernárdez, analizarán as boas prácticas de solucións Cloud.
Un debate aberto ao público pechará este faladoiro dixital ao redor do Cloud Computing. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse de balde a través da páxina web desta iniciativa onde tamén atoparán información do programa e dos relatores.
O Cloud Computing a debate nun novo Faladoiro Dixital, organizado polo CPEIG e a AMTEGA
Compartir Este Artigo

