Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: RECETGA une a 10.000 Mbps os investigadores de ámbalas beiras do Miño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

RECETGA une a 10.000 Mbps os investigadores de ámbalas beiras do Miño

Redacción
Publicado: 30/05/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

rediris-nova.jpgAs institucións de I+D+i galegas acceden xa á Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Portugal a través da Rede de Comunicacións de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA). Segundo nos conta o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) o pasado 3 de maio celebrouse a xuntanza da comisión de seguimento do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Ministerio de Economía e Competitividade, o Ministerio de Economía, Industria e Turismo, Red.es e a Fundación CESGA para a posta en servizo da rede de fibra escura de conexión entre a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA), a Rede Académica Española (RedIRIS) coa Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Portugal (RCTS).
Nesta reunión, sinala o CESGA, déronse por concluídas todas as actuacións previstas para o despregamento da devandita interconexión, a cal “permite a institucións galegas e portuguesas de I+D+i interconectarse a gran ancho de banda, hoxe habilitado a 10.000 megabits por segundo”. A maiores, esta rede proporciona vías alternativas de interconexión internacional á rede española RedIRIS. Esta actuación está financiada por Fondos FEDER, polo Ministerio de Economía e Competitividade e pola Xunta de Galicia.
Sobre RECETGA
A Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) é unha infraestrutura de conectividade de alta capacidade que proporciona servizos de comunicacións e Internet de alta calidade á comunidade investigadora de Galicia. RECETGA está destinada (entre outras cousas) a achegar comunicacións á comunidade académica e de investigación en Galicia (conectividade a Internet, conectividade entre centros, servizos sobre a rede de multicast, IPv6, VPN de nivel 2 ou 3, realización de testbeds dedicados a experimentos, etc). Tamén facilita o acceso aos servizos ofertados polos propios centros de investigación integrantes de RECETGA (por exemplo os servizos de almacenamento, computación, e-learning e GIS do propio CESGA, a información meteorolóxica de Meteogalicia, contidos didácticos e de investigación de universidades galegas, etc.). A Rede tamén fornece unha contorna tecnolóxica aberta que posibilita a I+D no eido das comunicacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?