Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arrinca a Feira Virtual de Emprego galego-portuguesa con máis de 80 empresas inscritas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arrinca a Feira Virtual de Emprego galego-portuguesa con máis de 80 empresas inscritas

Redacción
Publicado: 31/05/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_feira_virtual-2.jpgEsta semana comezou a súa andaina a Feira Internacional Virtual de Emprego FINDE.U, unha iniciativa transnacional organizada polas universidades de Vigo, Porto e Tras-Os-Montes e Alto Douro e na que están a participar, xa, máis de 1.500 estudantes e titulados de ámbalas beiras do Miño e arredor de 80 empresas. Segundo informa a UVigo, os estudantes e titulados terán ao alcance da súa man ata 850 ofertas laborais (as dadas de alta na plataforma en liña). A feira foi inaugurada a través de videoconferencia por Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo; Sebastião Feyo de Azevedo, reitor da Universidade de Porto e António Augusto Fontainhas Fernandes, reitor da Universidade de Tras-Os-Montes e Alto Douro.
Lembrar que a celebración da feira estenderase a toda a semana en curso: ao longo destes días os estudantes das tres institucións e os que veñan de rematar os seus estudos poderán seguir inscribíndose e buscando na feira unha oportunidade laboral. Porén, si que está pechado o prazo de inscrición para as empresas e organismos, deixando a participación en 110 expositores, 80 deles son empresas de todos os sectores e sobre todo de España e Portugal, aínda que tamén hai presenza de países como Bélxica, Alemaña, Malta, Eslovaquia, Irlanda, Reino Unido, Países Baixos, Estonia, Polonia ou Noruega.
Entre as compañías participantes están, entre outras, Continental, AT&T, Calzedonia, Benteler, Abanca, Indra, Levantina, Gestamp, Indra, Manpower, Parfois, Qreer, Starwood Hotels & Resorts, Technogarden ou Deerpark House. Deste xeito, os estudantes poden acceder a 854 ofertas de emprego, cifra que pode seguir incrementándose ao longo da xornada deste luns. Tamén participan nesta cita de empregabilidade os servizos Eures de 12 países e 20 puntos de información.
A feira que arrancou hoxe desenvolverase ata o venres 3 de xuño. Nas dúas primeiras xornadas desenvolveranse varias sesións formativas que se poderán seguir tanto presencial como virtualmente e nas que se tratarán temas como a busca de emprego en Europa mediante Eures, o emprendemento e autoemprego, as posibilidades de emprego científico para investigadores, a creación dun perfil en LinkedIn, o programa Erasmus, o Europass ou a creación de vídeo currículos, entre outros contidos. Este martes as sesións que terán lugar en Vigo correrán a cargo de Enrique Gallardo, que presentará Eurodesk (en palabras da UVigo “un servizo de información dirixido a mozos e mozas para coñecer e participar en programas da Unión Europea sobre formación, educación, voluntariado, bolsas de estudos, lecer, etc”); de José Antonio Rodríguez Fachado, de Xuventude.net (que falará sobre o programa de mobilidade xuvenil Galeuropa); o profesor da Universidade, Celso Cancela (que coordina a Cátedra Jean Monnet e exporá as oportunidade de traballar nas institucións da UE) e Teresa Ventín, coordinadora do servizo Eures transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.
As sesións pódense seguir en streaming e tamén de xeito presencial na universidade dende a que se emita cada unha das intervencións.
Na segunda parte da feira, do 1 ao 3 de xuño, os estudantes poderán acordar entrevistas telemáticas coas empresas, para o que a Área de Emprego porá á súa disposición a sala III do edificio Miralles dende onde se poderán conectar á plataforma virtual habilitada para este fin, “no caso de non facelo dende os seus propios dispositivos electrónicos”, explica a organización.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?