Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG concede o Premio Traxectoria Profesional a Patricia Rodríguez Dapena
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG concede o Premio Traxectoria Profesional a Patricia Rodríguez Dapena

Redacción
Publicado: 31/05/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

patricia_rodriguez_-_foto.jpgEntre os recoñecementos á profesión TI na nosa terra que convoca cada ano o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (e que se van entregar este 3 de xuño no marco da Noite Galega da Enxeñaría en Informática) figura o Premio Traxectoria Profesional. Este 2016, o galardón recaerá en Patricia Rodríguez Dapena, licenciada en Informática pola Universidade Politécnica de Madrid (1982-1987) e doutora pola Universidade Técnica de Eindhoven – Holanda. A día de hoxe, Patricia é directora executiva da empresa Softwcare.
Foi enxeñeira de software e de calidade de programas en diferentes empresas españolas (SCYT, ENTEL Defensa e Aeroespacial, INTA, GMV) entre 1987 e 1992 e nese último ano sumouse á equipa da Axencia Espacial Europea en Holanda (ESTEC). Nesta axencia desenvolveu ata o ano 2000 tarefas de soporte na creación do software dos satélites.
Desde 2001, á súa volta voluntaria a España, é fundadora e xerente de Softwcare, microPEME centrada na verificación e validación de software crítico. A enxeñeira tamén participou (como fundadora ou socia) en empresas como Knowledge Investors, BlueLabs, SoftQcare e AIE con Everis Aeroespacial e Defensa: Evercare. Arestora está involucrada en proxectos como a verificación e validación independente do software crítico de control (tanto do satélite coma dos instrumentos) do novo Meteosat Terceira Xeración para a Axencia Espacial Europea. Tamén achega o seu coñecemento e experiencia no proxecto de UAV (vehículos aéreos non tripulados) para a Xunta, en facetas de verificación, validación, calidade e certificación do software de control. Igualmente, colabora en varios proxectos de análise e acreditación da seguridade de programas para o sector do motor, ao abeiro da arquitectura xenérica AUTOSAR.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?