Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: OpenSpain LAB e Telefónica lanzan unha web para axudar na integración dos refuxiados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

OpenSpain LAB e Telefónica lanzan unha web para axudar na integración dos refuxiados

Redacción
Publicado: 31/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

telefonica_refuxiados.jpgA operadora Telefónica presentou esta semana unha páxina destinada a ceibar de atrancos o vieiro da inserción dos refuxiados en España. A web foi posta en marcha por un equipo de mozos de varios países (un total de nove, integrantes dun laboratorio impulsado por Telefónica), e complementará a súa actividade cunha ferramenta móbil específica. Para o seu desenvolvemento, contouse coa colaboración de Red.es, o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, ACCEM e Madrid International LAB. O proxecto, denominado OpenSpain, estará dispoñible en árabe, inglés e español. Abranguerá información sobre o acceso e aloxamentos de balde e en aluguer, datos sobre como regularizaren os refuxiados a súa situación ou sobre como acadar o cartón sanitario.
OpenSpain LAB é un proxecto de integración desde a integración, desenvolvido por mozos profesionais e estudantes de países como Siria, Iraq, Irán, o Sáhara, Venezuela e España. A iniciativa pretende “facilitar a integración de persoas que cheguen a España en situacións desfavorecidas, e está enmarcado dentro da iniciativa Join de Telefónica, desde a que os mozos con talento apoian a transformación dixital”.
O equipo, formado por oito mozos e unha moza de entre 23 e 29 anos, compleméntase como dixemos cunha aplicación para trebellos móbiles. Segundo fai saber Telefónica, trátase “da primeira ferramenta destas características dirixida tanto aos refuxiados como ás ONG que lles prestan servizos nunha primeira etapa de establecemento”. A app, que estará plenamente desenvolvida en agosto, ofrece acceso a información que guíe a estas persoas no seu proceso de chegada.
infografia_openspainlab_join.jpgOpenSpain LAB forma parte da iniciativa Join de Telefónica, desde a que os mozos con talento apoian a transformación dixital, impulsando as novas capacidades dixitais, a través de proxectos comprometidos coa sociedade e coa economía dixital. Neste laboratorio os mozos integrantes están a desenvolver unha solución tecnolóxica que será unha axuda real para os estranxeiros que chegan a España na procura de amparo e acubillo.
Os participantes de OpenSpain LAB, estudantes e mozos profesionais de diversas áreas como informática, comunicación ou deseño, incorporábanse a este proxecto de seis meses de duración o pasado 1 de febreiro nas instalacións situadas no Madrid International LAB.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?