Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés presentará a súa revolucionaria tecnoloxía TForce en ANGACOM
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés presentará a súa revolucionaria tecnoloxía TForce en ANGACOM

Redacción
Publicado: 31/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tforce_televes.jpgA compañía galega Televés vén de anunciar a súa presenza (novamente) en Colonia para dar a coñecer as súas últimas novidades tecnolóxicas no feira ANGACOM, evento referencial centrado nos sectores da TV, o cable e o satélite. ANGACOM desenvolverase entre o 7 e o 9 de xuño, contando coa presenza de medio milleiro de expositores duns 40 países (na feira en si mesma) e con 26 paneis tecnolóxicos (no congreso). Nesta vertente congresual do evento participará Justo Rodal, director técnico de Televés, baixo a temática do edificio intelixente como elemento integral das Smart Cities. No recinto feiral, na caseta D21, a compañía de Santiago dará a coñecer o que nas súas palabras constitúe unha “auténtica revolución tecnolóxica”.
Trátase de TForce, a tecnoloxía desenvolvida por Televés para deseñar, fabricar e montar compoñentes MMIC. Esta tecnoloxía, explica a firma galega, “supón un chimpo cualitativo na miniaturización de compoñentes electrónicos, e permitirá desenvolver unha nova xeración de produtos practicamente sen máis fronteiras que a creatividade dos deseñadores”.
O primeiro froito da aplicación desta revolución tecnolóxica é a antena Dat Boss TForce, que se dará a coñecer oficialmente na feira. Este produto, coma os restantes da familia TForce que están por vir, amosa importantes melloras sobre tecnoloxías previas, neste caso “un rango dinámico ata agora descoñecido e un incremento do 27% de área de cobertura”, asegurando a calidade óptima do sinal de saída por moi difíciles que sexan as condicións de recepción, sinala Televés.
No alicerce destas importantes novidades está a tecnoloxía MMIC (Monolithic Microwave Integrated Circuits), que segundo informa a firma de Santiago é quen de superar as limitacións dos microchips de silicio dando paso a “unha nova era no deseño de compoñentes electrónicos”, ao permitir obter circuítos integrados que operan na banda de frecuencia dos microondas. Estes circuítos reducen con moito o seu tamaño, ata unhas dimensións entre 1 e 10 mm2.
“Con TForce”, engade a empresa de telecomunicacións, “Televés entra nunha nova dimensión, na que se elimina a dependencia dos fabricantes de microchips e, por tanto, o límite no desenvolvemento de produtos xa non o establece a dispoñibilidade de compoñentes no mercado, senón a creatividade do equipo de deseño de microelectrónica da compañía”. TForce, ademais, fortalecerá a diversificación de Televés, ao permitirlle “desenvolver produtos punteiros para sectores moi competitivos e esixentes, como a aeronáutica, a sanidade, a enerxía ou o motor”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?