Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega dende o Campus de Pontevedra unha ferramenta para avaliar o balonmán en tempo real
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega dende o Campus de Pontevedra unha ferramenta para avaliar o balonmán en tempo real

Redacción
Publicado: 01/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_ivan_gonzalez.jpgO investigador Iván González vén de desenvolver, dende o Campus de Pontevedra, unha ferramenta informática para avaliar o balonmán en tempo real. A tecnoloxía resultante, segundo fai saber, é quen de recadar “de maneira sinxela” a información relevante que atinxe ao rendemento dun equipo de deportistas, amais dos datos que posibilitan amosar as súas taxas de eficacia en relación a ataques e defensas. Todo isto en tempo real e abranguendo a actividade de ámbolos contrincantes, achandando o camiño para tomaren os adestradores decisións acaidas durante o transcurso dos partidos. Iván González deu forma a esta ferramenta a través da súa tese de doutoramento, Análise do comportamento ofensivo e defensivo en balonmán a través dos indicadores de rendemento e índices de eficacia), un estudo que cobre un baleiro neste deporte de ferramentas específicas para xuntar “as accións máis importantes que teñen lugar durante un partido e que inflúen no rendemento dos equipos”. A tese foi dirixida polos profesores da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Jorge Viaño e Luís Casais.
Segundo fai saber, a aplicación posibilita que unha única persoa poida recoller de xeito simultáneo, nun dispositivo táctil, a información sobre accións individuais, espaciais, temporais e de situación. “A diferenza con outro tipo de ferramentas”, engade Iván, “é que a avaliación do rendemento realízase durante o partido e non unha vez rematado, polo que a información pode ser utilizada de forma inmediata para ofrecer unha retroalimentación aos xogadores e poder trocar o rumbo do partido”.
Para desenvolver a tecnoloxía, González entrevistou a 37 adestradores de elite, que lle propuxeron unha serie de accións que poderían ser analizadas en tempo real “e que tiveran influencia no resultado final”. Unha vez definidas esas accións e desenvolvido o programa, González testou a súa aplicación con catro adestradores, “que observaron de forma individual unha mostra de varios partidos” co propósito de validar a ferramenta.
O software foi deseñado para rexistrar accións individuais ofensivas e defensivas, como asistencias, faltas, perdas e recuperacións, lanzamentos, golpes francos, etc…, e tamén para termos en conta variables espaciais como “as zonas do campo desde onde se produce o lanzamento”; así como as variables situacionais de cada ataque ou defensa.
Segundo engade a UVigo, a ferramenta permite definir uns índices de rendemento e eficacia que contribúen a afondar no coñecemento tanto do propio equipo como dos rivais. Nese senso, abrangue unha serie de condicionantes e parámetros que deixan camiño para “establecer modelos de xogo que sirvan para mellorar o rendemento dos equipos en cada unha das fases do xogo”, así como crear “perfís de equipos e da súa tipoloxía de xogo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?