Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Premio Hispasat para un estudante de doutoramento da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Premio Hispasat para un estudante de doutoramento da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Redacción
Publicado: 01/06/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_anxo_tato.jpgUn proxecto galego fin de carreira que investiga as comunicacións adaptativas en canles satélite móbiles vén de ser premiado entre os mellores do ano na XXXVI Edición dos Premios aos Mellores Proxectos de Fin de Carreira, Traballos de Fin de Máster, Teses de Doutoramento e Traxectorias Académicas en Enxeñaría de Telecomunicación outorgados polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Madrid. E cómpre subliñar que o autor deste estudo é o vigués Anxo Tato Arias, que se fixo co galardón na categoría Premio Hispasat ao Mellor proxecto fin de carreira en novas tecnoloxías para satélites de comunicacións e o vindeiro día 24 recollerá o seu premio nunha cerimonia que se celebrará no Instituto da Enxeñaría de España en Madrid.
“O broche de ouro a sete anos de carreira”, subliñaba Anxo Tato, estudante de doutoramento da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo, quen explicaba que “O noso traballo aplicámolo a ligazóns por satélite onde o terminal do usuario é móbil, en troques de estar nunha localización fixa, coma na recepción de televisión por satélite, o terminal do usuario está na parte superior dun vehículo, como pode ser un coche, un barco ou un dron”, facendo fincapé no feito de considerar que un terminal móbil dificulta enormemente as comunicacións, xa que ao moverse atoparase cunha sucesión de estados de boas, regulares e/ou malas condicións de recepción. “Por exemplo, se o terminal móbil ten visión directa co satélite, poderá transmitir datos a unha velocidade alta; pola contra, se existe algún elemento coma unha árbore ou un edificio que entorpece parcial ou totalmente o sinal do satélite, o terminal terá que reducir a taxa binaria (a velocidade de datos da conexión) se quere garantir que a información enviada chegue sen erros ao outro extremo”, expoñía Tato.
E seguindo co proxecto, nel investigáronse algoritmos de adaptación de ligazón que tentan axustar de maneira intelixente certos parámetros dun transmisor (modulación e taxa do codificador de canle) para tentar transmitir a máxima cantidade de datos que as condicións da canle de comunicacións permitan. “Trátase de espremer ao máximo o ancho de banda asignado para transmitir a máxima cantidade de información posible de xeito fiable”, resume Tato.
O mozo investigador, contratado polo centro de investigación AtlantTIC da Universidade de Vigo no marco do proxecto de I+D Táctica, tiña tamén palabras de agradecemento para o director do proxecto, o catedrático da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Carlos Mosquera, “o premio é tamén un recoñecemento ao seu bo facer”. Entregaranlles cadanseu diploma acreditativo e, a maiores, o autor do proxecto recibirá 1000 euros.
Arestora, Tato Arias está a realizar a súa tese de doutoramento, un traballo que segue a estela do proxecto fin de carreira e que tamén dirixe Mosquera e cómpre salientar que segue apostando pola lingua galega dende a Asociación Trabalingua, unha asociación aberta de mozos e mozas vinculados á Universidade de Vigo e preocupados pola situación actual da lingua galega, da que el foi presidente, pois en palabras de Anxo Tato: “Calquera actividade laboral é compatible coa defensa do galego”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?