Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza a súa andaina o programa AceleraTIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza a súa andaina o programa AceleraTIC

Redacción
Publicado: 02/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aceleratic_apertura.jpgHoxe comezou a súa andaina en Santiago a iniciativa AceleraTIC, un programa para impulsar a transformación dixital das nosas PEME. No acto de apertura, presidido pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, fíxose saber que AceleraTIC está integrado nas actividades do Centro Demostrador TIC da Axencia e abrangue diferentes xornadas formativas e prácticas. A maiores, inclúe un programa específico para directivos e xerentes de empresas galegas, que comeza o vindeiro 9 de xuño e desenvólvese en colaboración coa Escola de Negocios de Afundación. Precisamente o director de Marketing da entidade bancaria galega, Francisco Álvarez, participou no acto de hoxe.
Pereira salientou no transcurso da presentación que o proceso de dixitalización dunha empresa vai “alén da compra de tecnoloxía e que implica asumir obxectivos de negocio empregando os avances dixitais”. E engadiu: “É un proceso global e transversal a toda a compañía”. En base a isto, AceleraTIC integra un Programa Formativo para a Transformación Dixital da PEME dirixido a directivos e xerentes de empresas, que a AMTEGA desenvolve, como dixemos, en colaboración coa Escola de Negocios AFundación. A finalidade deste programa formativo é achegar ao tecido produtivo galego perfís directivos que “manexen o dixital dende o punto de vista estratéxico”. Ou sexa que teñan os coñecementos e as habilidades precisas comprender o valor da tecnoloxía en cadanseus negocios.
20160602_amtega_01.jpgO programa estenderase ao longo de seis xornadas formativas impartidas por diversos expertos. Abordaranse cuestións como a mercadotecnia dixital para PEME, o comercio electrónico ou os datos masivos (Big Data), entre outras cousas. A preinscrición pode realizarse a través da web do CDTIC, no correo electrónico cdtic@xunta.gal ou no teléfono 881 995 200.
De entre as solicitudes recibidas a AMTEGA seleccionará 25 directivos para cada unha das xornadas formativas. Aqueles directivos que completen todas as xornadas recibirán o título Programa Especializado en Transformación Dixital da Empresa outorgado pola Escola de Negocios Afundación.
AceleraTIC complétase con accións de divulgación, como un ciclo de entrevistas a empresas de diversos sectores de Galicia que asumiron procesos de transformación dixital no seu negocio. Ademais, segundo engade AMTEGA, os profesionais e traballadores das empresa galegas atoparán no programa AceleraTIC “un completo calendario de seminarios de curta duración e eminentemente prácticos, para sacarlles o máximo rendemento ás solucións tecnolóxicas existentes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?