Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant desenvolve unha tecnoloxía que facilita ao máximo o despregue de aplicacións: ITBox
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant desenvolve unha tecnoloxía que facilita ao máximo o despregue de aplicacións: ITBox

Redacción
Publicado: 02/06/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

itbox1-768x511.jpgvén de presentar ITBox, unha tecnoloxía de seu dirixida a facer máis doado e eficiente o despregamento de aplicacións e servizos, permitindo aos profesionais implicados ceibarse do complexo labor de pór en funcionamento as arquitecturas IT onde aqueles se despregan. ITBox pon en xogo unha manchea de vantaxes para a posta en marcha de ferramentas: optimiza os recursos IT, permite crear de maneira desatendida unha nube privada e posibilita a conexións con servizos de cloud pública (plataformas como Amazon, Google, Microsoft) de “maneira transparente”. “Asemade”, engade Gradiant, “fai extremadamente sinxela a xestión destes servizos e aplicacións durante todo o ciclo da súa vida”. Ao fío disto, ceiba ás entidades e empresas de ter que contratar persoal experto para a optimización de recursos.
O desenvolvemento, en virtude dun acordo co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), está a ser probado arestora por este centro. Lembrar, de feito, que Gradiant e CESGA están vinculados mediante un Convenio Marco de Colaboración, que ten o obxectivo de “establecer colaboración entre ambas as partes para intensificar, promover e regular as actividades que contribúan a mellorar a capacidade científica, técnica e formativa das institucións, dentro do seu ámbito de interese”.
En virtude deste acordo, ambas as institucións comprométense a levar a cabo actividades conxuntas, entre as cales están a proposta e desenvolvemento de proxectos de investigación compartidos; a cesión entre ambas as entidades de recursos de investigación, tanto humanos como técnicos; e a transferencia de información e software. O acordo tamén abrangue a colaboración na difusión de actividades e produtos.
En definitiva, a suma de forzas Gradiant-CESGA encamíñase a “mellorar a industria de Galicia”.
A respecto do potencial de ITBox o Centro de Supercomputación salienta “a sinxeleza de uso e instalación para o mantemento das súas infraestruturas”, e valora empregar esta tecnoloxía para optimizar o tempo adicado aos seus despregamentos de servizos a terceiros (administracións, universidades e PEME, principalmente). Por outra banda, o CESGA estuda tirar proveito de ITBox para testar os seus servizos de almacenamento distribuído e en despregamentos rápidos de servizos web. Ademais, a dita tecnoloxía ten un gran potencial no pulo e materialización dos desenvolvementos do CESGA en materia de modelado numérico ou información masiva (Big Data).
“A tecnoloxía ITBox”, engade desta volta Gradiant, “está ao servizo das PEME e calquera outro tipo de empresas que necesiten optimizar os seus sistemas e servizos de tecnoloxías da información”. Amais de todo o devandito, informa o centro galego, ITBox é quen de limitar os custes que implican os erros humanos, é compatible con calquera hardware (e, de feito, ten capacidade para valorizar os equipos), amosa ampla marxe de adaptación e evolución en recursos de cómputo e almacenamento (é escalable horizontal e verticalmente) e abrangue potencial para facer invisible as infraestruturas IT. Ademais, todos os datos que se xestionan a través dela están cifradas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?