
No marco de Betabeers Galicia participarán Jose Cánovas Losada, director executivo de Kiply, Cristian Estévez e Santiago García, membros do equipo de desenvolvemento. Xuntos debullarán e amosarán as tecnoloxías empregadas para o desenvolvemento de Kiply, así como a arquitectura de software elixida, entre outras cuestións (por exemplo curiosidades sobre “o día a día de Kiply”).
A tecnoloxía, como recordaremos, está construída sobre a tecnoloxía de Amazon Web Services, empregado un servizo web construído sobre Python e Django Rest Framework e unha aplicación web integrada e aplicada con Angular JS, entre outros recursos TIC. Todos estes, sinalan os responsables da start-up galega, únense para crear un software de produtividade persoal gratuíto que pode descargarse para Windows a través da páxina web kiply.com.
Como fixemos saber no seu día acerca do funcionamento da plataforma, unha vez que instalamos o programa no noso computador, Kiply permítenos recompilar información sobre a nosa actividade de forma automática e “sen que sexa precisa ningunha intervención adicional”. E engade a firma galega: “Grazas a innovadoras técnicas de visualización de datos, poderemos ver en tempo real a que adicamos o noso tempo mentres traballamos con dispositivos electrónicos”.
Kiply presentará en Betabeers Galicia o seu novo software de produtividade persoal
Compartir Este Artigo

