O bus sustentable de Telefónica visitará A Coruña este verán (4 e 5 de xullo) para amosar como reducir o noso consumo enerxético. A operadora puxo en marcha un roteiro itinerante pola xeografía estatal con, nas súas palabras, “o primeiro autobús de transformación dixital sustentable”. Trátase dunha xira “protagonizada” por un vehículo que, segundo engade Telefónica, amais dun vehículo equipado con recursos avanzados é “un centro de innovación móbil” que comeza a súa ruta na sede da compañía en Madrid (Las Tablas) e que percorrerá once cidades nas vindeiras seis semanas.
Segundo fai saber a operadora, as súas solucións de eficiencia enerxética reducen ata un 30% o consumo enerxético das empresas e as emisións de CO2 asociadas. Trátase, engade a compañía, dun modelo de negocio sustentable baseado nunha solución extremo a extremo, que permite xestionar de maneira remota e centralizada todas as oficinas, tendas ou centros loxísticos dispersos dende un punto de vista xeográfico. Amais, tamén é posible en virtude destas solucións, “deseñar e introducir políticas avanzadas de aforro enerxético, que reduzan o consumo da maquinaria coa que xa conta o cliente”.
O bus diríxese a empresarios e administracións locais para amosarlles as últimas novidades en servizos de innovación sustentable, pois estas solucións amais de crear un valor económico, teñen un impacto positivo na sociedade dando resposta a retos como o cambio climático. Todas elas aproveitan o potencial de tecnoloxías como o cloud computing e as comunicacións M2M, para optimizar o uso de recursos escasos como a enerxía ou a auga, xestionar aspectos ambientais como os residuos, o clima e a calidade do aire e reducir emisións de CO2.
Segundo PwC os produtos e servizos Green de Telefónica poden evitar máis de 80 millóns de toneladas de CO2 ata 2030, emisións equivalentes ao 25% das xeradas por España durante un ano.
E que se atoparán aqueles que suban a este bus sustentable? A plataforma Hydra, solución que permite a optimación da xestión enerxética, que consegue a eficiencia en múltiples contornas mediante a telexestión dos equipamentos consumidores de enerxía.
A Smart City Apps Cidadán, o Smart Steps, a xestión de frotas (servizo cloud baseado en dispositivos conectables ao porto OBD II dos vehículos), un catálogo de dispositivos M2M/IoT e plataforma SDS que permiten un uso máis racional de recursos e enerxía, o Spotmusic (servizo para gozar de música no punto de venda), Spotsign, Dixital Signame (crea no punto de venda unha canle dinámica de comunicación co público a través de dispositivos de visualización), etiquetas dixitais,
produtos Social WIFI (os clientes disporán de conexión de balde a internet a cambio dunha sinxela interacción en redes sociais) e Movistar+ Colectividades (televisión con contidos exclusivos).
Engadir por último que as emisións de CO2 do autobús de Telefónica compénsanse coa plantación de oliveiras e os materiais de merchandising son ecolóxicos.
Telefónica levará o seu bus sustentable á Coruña para amosarnos como aforrar enerxía
Compartir Este Artigo

